Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 16 de febreiro de 2000 Páx. 2.000

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

ANUNCIO (expediente Sec.-1999000222).

O alcalde, mediante Decreto do 2-2-2000, aprobou definitivamente o proxecto de compensación do polígno A.21, por instancia de Emilio Prieto Pérez, propietario único do polígono.

En cumprimento do que dispón o artigo 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, faise público, sinalándose que contra o acordo de aprobación poderá interpoñerse recurso de reposición ante a alcaldía no prazo dun mes, ou ben acudir directamente á vía xudicial interpondo recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con sede na Coruña, en prazo de dous meses. Os prazos que se sinalaron computaranse a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

Juan Manuel Jiménez Morán

Alcalde