Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 16 de febreiro de 2000 Páx. 2.000

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de información pública do proxecto de expropiación, polo procedemento de taxación conxunta, para a obtención dos bens e dereitos afectados polo proxecto de urbanización da UE 5 Viñagrande, exteriores ó ámbito do PERI (expediente 104/413/1999).

O Pleno do Concello, en sesión do día 30 de decembro de 1999, adoptou o seguinte acordo, que na súa parte dispositiva di:

Primeiro.-Aplica-lo procedemento expropiatorio de taxación conxunta, para a obtención dos bens e dereitos afectados polo proxecto de urbanización da UE 5 Viñagrande, exteriores ó ámbito do PERI.

Segundo.-Aprobar inicialmente o proxecto expropiatorio polo procedemento de taxación conxunta para a obtención dos bens e dereitos afectados polo proxecto de urbanización da UE 5 Viñagrande, exteriores ó ámbito do PERI, redactado pola Xunta de Compensación do devandito polígono.

Terceiro.-Somete-lo expediente a información pública polo prazo dun mes mediante a inserción de anuncios no DOG e nun xornal dos de maior circulación da provincia, con notificación individual ós que aparezan como titulares de bens ou dereitos no expediente, nos termos do artigo 145, puntos 2º, 3º e 4º da Lei do solo de Galicia.

Por medio deste anuncio sométese a información pública o devandito expediente, mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia, significando que o prazo de información pública é como

mínimo dun mes e se entenderá aberto coa publicación do primeiro anuncio ata transcorrido un mes da publicación do derradeiro, computado na forma prevista no artigo 48 da LRXAP-PAC, co fin de que quen poida resultar interesado formule as observacións e reclamacións que considere conveniente, en particular no que atinxe á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos. O expediente atópase na oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa do edificio da Xerencia, praza do Rei, esquina rúa Cachamuíña) á disposición do público en xeral.

De conformidade co artigo 59.4º da LRXAP-PAC en relación coa Lei do solo de Galicia, por medio deste anuncio e a publicación no taboleiro de edictos do concello, notifícaselle-lo acordo que nel se contén a tódolos propietarios afectados descoñecidos, de ignorado domicilio, ou respecto dos cales non se poida practica-la notificación individual intentada.

Vigo, 13 de xaneiro de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia

Municipal de Urbanismo

Relación de propietarios, bens e dereitos

afectados de expropiación

Nº parcelaPropietario/DomicilioSup. afectada

1Alicia Garrido Pillado. R/O Castañal, 27-Alcabre48 m
2Margarita Garrido Pillado. R/O Castañal 29-Alcabre1,1 m
3Mª Ángeles Rodríguez Gestoso. Avda. Atlántida 8012,3 m
4Mª Isabel Rodríguez Gestoso. R/A Pardaíña,70-Alcabre38 m
5Hros. de Marcelino Rodríguez Gestoso. R/Argantonio 13, 3 Dta.-Cádiz35,3 m
6Jesús Rodríguez Pampín. R/O Castañal 41-Alcabre31,7 m
7Jesús Rodríguez Gestoso. Avda. Atlántida, 132, 5º23,5 m
8Segunda Padín Vázquez. R/A Sobreira 13-15, Alcabre47 m
9Urbano Comesaña Pampillón. R/A Sobreira 19-Alcabre6,5 m
10Antonio Iglesias González. R/O Castañal, 4-Alcabre107,8 m
11 e 12Cecilia Morán Pérez. R/Millareira, 328 m
13Dolores Collazo Morán. R/Sobreira, 27-Alcabre48 m
14Juan José Alonso Costas. R/A Sobreira, 29-Alcabre41,5 m
16Heriberto Ramos Matos. Camiño Raposa, 31-Alcabre82,5 m