Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 16 de febreiro de 2000 Páx. 1.999

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SOUTOMAIOR

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudio de detalle da unidade de execución número 2.

O Pleno do Concello de Soutomaior, en sesión que tivo lugar o día 30 de decembro de 1999, aprobou definitivamente o estudio de detalle da unidade de execución número 2, redactado polo arquitecto Juan Luis Piñeiro Ferradás. O que se fai público para xeral coñecemento, de conformidade co establecido no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que o dictou, no prazo dun mes, contado a partir do seguinte ó da última publicación deste anuncio, ou recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados de xeito idéntico, sen prexuízo de exercerse, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Soutomaior, 13 de xaneiro de 2000.

O alcalde

Rubricado