Por medio de acordo adoptado pola Comisión de Goberno en data 18 de xaneiro de 2000, foi convocado o seguinte concurso:
a) Entidade adxudicataria: Concello de Sarria (Lugo).
b) Obxecto do contrato: adquisición dun vehículo furgoneta.
c) Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma: concurso.
d) Orzamento de licitación: 2.500.000 ptas., IVE incluído.
e) Garantía definitiva: 4% do prezo do contrato.
f) Obtención de documentación e información:
Entidade: Concello de Sarria.
Domicilio: Rúa Maior, 14.
Teléfono: 982 53 50 00; Fax: 982 53 09 16.
g) Prazo de presentación de proposicións: trece (13) días naturais contados a partir do seguinte ó da inserción deste anuncio no DOG.
h) Documentación: a especificada no prego de cláusulas.
i) Apertura de plicas: as doce horas do terceiro día hábil seguinte ó do remate de presentación de proposicións.
j) Gastos de anuncios: correrán por conta do contratista adxudicatario.
Sarria, 8 de febreiro de 2000.
O alcalde
Rubricado