Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 16 de febreiro de 2000 Páx. 1.999

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SARRIA

ANUNCIO de licitación.

Por medio de acordo adoptado pola Comisión de Goberno en data 18 de xaneiro de 2000, foi convocado o seguinte concurso:

a) Entidade adxudicataria: Concello de Sarria (Lugo).

b) Obxecto do contrato: adquisición dunha fotocopiadora-impresora dixital.

c) Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

d) Orzamento de licitación: 2.625.000 ptas., IVE incluído.

e) Garantía definitiva: 4% do prezo do contrato.

f) Obtención de documentación e información:

Entidade: Concello de Sarria.

Domicilio: Rúa Maior, 14.

Teléfono: 982 53 50 00; Fax: 982 53 09 16.

g) Prazo de presentación de proposicións: vinteseis (26) días naturais contados a partir do seguinte ó da inserción deste anuncio no DOG.

h) Documentación: a especificada no prego de cláusulas.

i) Apertura de plicas: as doce horas do terceiro día hábil seguinte ó do remate de presentación de proposicións.

j) Gastos de anuncios: correrán por conta do contratista adxudicatario.

Sarria, 8 de febreiro de 2000.

O alcalde

Rubricado