Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 16 de febreiro de 2000 Páx. 1.998

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 4 de xaneiro de 2000 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: o presente contrato ten por obxecto a realización das obras incluídas no proxecto de reparación do pavimento na cidade histórica, redactado polo Servicio de Obras e Proxectos.

Tipo de licitación: 20.000.000 de ptas. IVE incluído.

Financiamento: o gasto satisfarase con cargo á partida 51161100 do Consorcio.

Prazo de execución: o prazo de execución das obras será de seis meses contados a partir do día seguinte ó da sinatura da acta de comprobación do replaneamento.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: deberán ser presentadas de 9 a 14 horas no Rexistro Xeral de Entrada do concello de Santiago de Compostela no prazo de vinteseis días naturais, que comezará a contarse e entenderase aberto desde o día seguinte ó da última das publicacións que corresponden facer no DOG e no BOP da Coruña.

Documentación: información: Concello de Santiago de Compostela. (Departamento de Contratación-Servicios). Teléfono: 981 54 23 24. Fax: 981 57 76 27. Documentación: Copy Nova r/ Rúa Nova de Abaixo, nº 12, local 4. Santiago de Compostela. Teléfono: 981 59 23 93.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no artigo 15 do prego de condicións.

Garantías: provisional: 2% do tipo de licitación. Definitiva: 4% do tipo de licitación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na Casa do Concello (secretaría) ás 12 horas, o quinto día hábil ó da finalización do prazo de presentación de proposicións.

Modelo de proposición:

Don/a... con domicilio... rúa... nº... teléfono... con DNI (ou pasaporte ou documento que os substitúa) nº... actuando en nome propio (ou en representación de... DNI ou CIF nº... e domicilio... toma parte no concurso por procedemento aberto para a adxudicación da execución das obras comprendidas no proxecto de... e para os efectos fai constar:

1) Que ofrece o prezo de... ptas., que supón unha baixa de... ptas., con respecto ó tipo de licitación.

2) Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de condicións do presente contrato.

3) Que xunta a documentación esixida no prego de condicións.

En... o ... de... de 2000.

O/a licitador/a (asinado e rubricado).

Modelo de sobre:

Proposición para tomar parte na contratación do concurso... presentada por...

En... o... de... de 2000.

O/a licitador/a (asinado e rubricado).

Reclamacións: simultaneamente ó de licitación exponse ó publico o prego de condicións, contra o que se poderán presentar reclamacións no rexistro xeral do concello, durante o prazo de oito día hábiles, contados a partir da publicación deste anuncio no BOP.

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2000.

O alcalde

Rubricado