Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 16 de febreiro de 2000 Páx. 1.997

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 3 de xaneiro de 2000 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: o presente contrato ten por obxecto a cesión de uso dos locais de 7,5 m, sinalados na documentación anexa ó prego de condicións, situados na estación de autobuses de Santiago de Compostela.

Tipo de licitación: fíxase com prezo mínimo anual que satisfará o licitador o de 360.000 ptas. máis IVE, para cada local.

Duración do contrato: o contrato terá unha duración de 5 anos, computados a partir da data da súa formalización.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no Rexistro Xeral de Entrada do Concello de Santiago de Compostela en horas de 9 a 14 horas, dentro do prazo de vinteseis día naturais, que comezará a contarse e se entenderá aberto desde o día

seguinte ó da derradeira data das publicacións que corresponde facer no DOG e no BOP da Coruña.

Documentación: Concello de Santiago de Compostela. (Departamento de Contratación-Servicios) teléfono: 981 54 23 24. Fax: 981 57 76 27.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no artigo 14 do prego de condicións.

Garantías: provisional: no se esixe. Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na casa do concello (secretaría) ás 12 horas, o quinto día hábil á finalización do prazo de presentación de proposicións.

Modelo de proposición:

Don/a... con domicilio en... rúa... nº... teléfono... con DNI (ou pasaporte ou documento que os substitúa) nº... actuando en nome propio (ou en representación de... DNI ou CIF... e domicilio...) toma parte no concurso por procedemento aberto... e para os efectos fai constar:

1) Que ofrece o prezo de... ptas.

2) Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de condicións do presente contrato.

3) Que xunta a documentación esixida no prego de condicións.

En... o... de... de 2000.

O/a licitador/a (asinado e rubricado).

Modelo sobre:

Proposición para tomar parte na contratación do concurso.... presentada por...

En.... o... de... de 2000.

O/a licitador/a (asinado e rubricado).

Reclamacións: simultaneamente ó de licitación exponse ó público o prego de condicións, contra o que se poderán presentar reclamacións no rexistro xeral do concello, durante o prazo de oito días hábiles, contados a partir da publicación deste anuncio no BOP.

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2000.

O alcalde

Rubricado