Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 16 de febreiro de 2000 Páx. 1.997

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS

ANUNCIO.

A Corporación Municipal, en sesión celebrada con data do 30 decembro de 1999 acordou aprobar inicialmente a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal (artigos 45, 59, 60, 61, 62, 63, 64, 71 así como as ordenanzas dos sectores A e B do polígono industrial).

De conformidade co disposto nos artigos 42.1º, 49.2º e 56.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, ábrese o trámite de información pública durante o prazo dun mes a partir da publicación deste anuncio no DOG, co fin de que os interesados poidan examina-lo expediente na secretaría municipal e formula-las reclamacións que estimen oportunas.

San Cibrao das Viñas, 25 de xaneiro de 2000.

A alcaldesa

Rubricado