Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 16 de febreiro de 2000 Páx. 1.997

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PORRIÑO

ANUNCIO.

O Concello Pleno, na súa sesión oridinaria do día 27-1-2000, adoptou, co quórum legal da maioría absoluta, o acordo que ten a seguinte parte dispositiva:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana, zona segunda Industrias Futuras (relativa ó polígono das Gándaras) que ten por obxecto varia-las determinacións aplicables a parcelas de gran superficie (superiores a 19.000 m) existentes no devandito polígono industrial, promovido por este concello e redactado polo arquitecto Manuel J. Freijeiro Martínez (Arteplan, S.A.).

2. Abri-lo trámite de información pública, durante un mes, mediante anuncios que se publicarán no DOG, BOP e nun dos xornais de maior circulación na provincia.

3. Suspende-lo procedemento do outorgamento de licencias nas zonas afectadas por esta modificación puntual.

Durante o referido prazo dun mes, contado a partir do día da publicación do último dos anuncios a que se refire o punto 2º, o expeciente queda de manifesto na secretaría deste concello para os efectos do seu exame e, se é o caso, presentación de alegacións.

O Porriño, 31 de xaneiro de 2000.

O alcalde

Rubricado