Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 16 de febreiro de 2000 Páx. 1.997

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (expediente FG-372).

Por resolución desta alcadía nº 435/2000 do 3 de febreiro de 2000, acordouse aprobar inicialmente o Plan Especial de Reforma Interior PERI 12, en Pousada-Oleiros, así como a delimitación do seu ámbito, tramitado por Francisco-Javier González Pérez.

Acordouse así mesmo proceder á exposición pública do expediente nas oficinas municipais de Urbanismo das 9 ás 13 horas tódolos días laborables, polo prazo dun mes, a través de anuncios no DOG e prensa, que computará desde a derradeira publicación, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se estimen oportunas.

Oleiros, 7 de febreiro de 2000.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta