Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 16 de febreiro de 2000 Páx. 1.996

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DAS NEVES

EDICTO.

O Pleno do Concello, en sesión con data do 13 de novembro de 1999, adoptou o seguinte acordo:

1º Aprobar definitivamente os traballos de revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal das Neves, redactados polo arquitecto Alejandro Arias Novas.

2º Dese cumprimento á lexislación vixente en canto á publicación, entrada en vigor e remisión dos traballos ós organismos competentes.

En cumprimento do artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, publícase así mesmo no BOP de Pontevedra número 7, do 12 de xaneiro de 2000, o documento que contén a normativa e as ordenanzas.

As Neves, 14 de xaneiro de 2000.

Raúl Emilio Castro Rodríguez

Alcalde-presidente