Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 16 de febreiro de 2000 Páx. 1.996

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno deste concello, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 21 de decembro de 1999, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle do predio sito en Pastoriza-Arteixo, promovido por Lorenzo Conde Rubio, en representación da entidade Bra&Coa, S.L. e redactado polo arquitecto Álvaro P. Romero Gil-Delgado, que queda sometido a información pública polo plazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da aparición deste anuncio no DOG durante este prazo as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo, sitas na Avda. do Balneario, nº 10-1º, Arteixo, e presenta-las alegacións que consideren convenientes. (Exepediente 30/1999.PED).

Arteixo, 11 de xaneiro de 2000.

P.D. (Decreto 587/1999)

María Isabel Vila Vilas

Primeira tenente-alcalde