Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 16 de febreiro de 2000 Páx. 1.996

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 14 de xaneiro de 2000, da Servicio Provincial de Ourense, de notificación da resolución do expediente sancionador 32.103/1999 en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á empresa relacionada a continuación (que non puido ser notificada no último enderezo coñecido que así mesmo se indica), a resolución do expediente sancionador 32.103/1999, por infracción en materia de defensa do consumidor.

Contra a dita resolución cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio (edificio administrativo San Caetano nº 5, 15704 Santiago de Compostela) no prazo dun mes a partir do seguinte día ó da notificación. Se non fose recorrida no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva, e poderá facerse efectiva, en período voluntario, en calquera entidade financeira, na conta 3110001136 da Caixa Galicia (2091), Oficina de Relación con Organismos (0388) Santiago de Compostela; noutro caso procederase sen máis trámite á súa exacción en vía executiva, nos seguintes prazos:

a) As débedas notificadas entre os días un e quince de cada mes, desde a data de notificación ata o día cinco do mes seguinte ou o inmediatamente hábil e posterior.

b) As débedas notificadas entre os días dezaseis e último de cada mes, desde a data de notificación ata o día vinte do mes seguinte ou o inmediatamente hábil e posterior.

Expediente: 32.103/1999.

Inculpado: Newcasting Publicaciones, S.L.

Enderezo: r/ La Cultura nº 5, Rivas-Vaciamadrid (Madrid).

Sanción e motivo: setecentas mil pesetas (700.000 ptas.). Irregularidades na documentación contrato (reclamación).

Data da resolución: 13-12-1999.

Ourense, 14 de xaneiro de 2000.

Antonio Aguarón Turrientes

Xefe do Servicio Provincial de Ourense