Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 16 de febreiro de 2000 Páx. 1.995

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público con procedemento aberto, para a contratación da execución das obras de repoboación, tratamentos silvícolas e mellora da infraestructura no monte San Lois e Armada e outros pertencentes ós concellos de Noia, Porto do Son e Lousame (A Coruña).

1. Entidade adxudicadora:

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato:

2.1. Descrición do obxecto: repoboación, tratamentos silvícolas e mellora da infraestructura no

monte San Lois e Armada e outros pertencentes ós concellos de Noia, Porto do Son e Lousame.

2.2. Prazo de execución: doce meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

3.1. Tramitación: ordinaria.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: vintedous millóns trescentas catorce mil setecentas trinta e nove pesetas (22.314.739 ptas.), IVE incluído.

5. Fianza provisional: non se esixe.

6. Fianza definitiva: 4% do orzamento da contrata: oitocentas noventa e dúas mil cincocentas noventa pesetas (892.590 ptas), IVE incluído.

7. Obtención da documentación:

7.1. Copistería Copy Nino.

7.2. Enderezo: rúa Xeneral Pardiñas, nº 2.

7.3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela. 15701.

7.4. Teléfono: 981 58 89 38.

8. Información:

8.1. Dirección: rúa dos Basquiños, nº 2.

8.2. Teléfono: 981 54 17 49.

9. Requisitos específicos do contratista:

9.1. Clasificación:

Grupo K, subgrupo 6, categoría C.

10. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

10.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

10.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

10.3. Lugar de presentación:

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Enderezo: rúa dos Basquiños nº 2.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

d) No suposto de que se participe en máis dun concurso de repoboación e tratamentos selvícolas dos montes de Capela e San Lois e Armada a documentación xeral contida no sobre A, presentada para

un deles, producirá plenos efectos no outro, facendo constar expresamente como contido do sobre A, referencia do concurso no que se presenta a documentación xeral.

11. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Consellería da Presidencia e Administración. Pública, sala de xuntas B.

b) Enderezo: complexo administrativo de San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o sexto día natural contado desde o seguinte ó do termo de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: ás 12 horas.

12. Gastos do anuncio: pola conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2000.

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente