1. Entidade adxudicadora:
1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.
1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.
2. Obxecto do contrato:
2.1. Descrición do obxecto: restauración da cuberta vexetal e control da erosión mediante repoboación e tratamentos silvícolas no monte de Capela e outros pertencentes ó concello de Toques.
2.2. Prazo de execución: doce meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
3.1. Tramitación: ordinaria.
3.2. Procedemento: aberto.
3.3. Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación:
Importe total: vinteún millóns cento noventa e oito mil novecentas cincuenta e tres pesetas (21.198.953 ptas.), IVE incluído.
5. Fianza provisional: non se esixe.
6. Fianza definitiva: 4% do orzamento da contrata: oitocentas corenta e sete mil novecentas cincuenta e oito pesetas (847.958 ptas.), IVE incluído.
7. Obtención da documentación:
7.1. Copistería Copy Nino.
7.2. Enderezo: rúa Xeneral Pardiñas, nº 2.
7.3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela. 15701.
7.4. Teléfono: 981 58 89 38.
8. Información:
8.1. Enderezo: rúa dos Basquiños, nº 2.
8.2. Teléfono: 981 54 17 49.
9. Requisitos específicos do contratista:
9.1. Clasificación:
Grupo K, subgrupo 6, categoría C.
10. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:
10.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.
10.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.
10.3. Lugar de presentación:
a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.
b) Enderezo: rúa dos Basquiños nº 2.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.
d) No suposto de que se participe en máis dun concurso de repoboación e tratamentos silvícolas 1 nos montes de Capela e San Lois e Armada a documentación xeral contida no sobre A, presentada para un deles, producirá plenos efectos no outro, facendo constar expresamente como contido do sobre A, referencia do concurso no que se presenta a documentación xeral.
11. Apertura das ofertas:
a) Entidade: Consellería da Presidencia e Administración. Pública, sala de xuntas B.
b) Enderezo: complexo administrativo de San Caetano.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data: o sexto día natural contado desde o seguinte ó do termo de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.
e) Hora: ás 12 horas.
12. Gastos do anuncio: pola conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2000.
José Luis Aboal García-Tuñón
Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente