Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 16 de febreiro de 2000 Páx. 1.994

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2000, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, pola que se notifica a resolución do expediente de caza 99/0007 da Coruña.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que figura no anexo a dita resolución.

Contra esta resolución caberá, de conformidade co disposto nos artigos 107.1º, 114 e 115 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a interposición do recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación.

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2000.

Tomás Fernández-Couto Juanas

Director xeral de Montes e Medio Ambiente

Natural

ANEXO

Procedemento sancionador de caza: Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia.

Expediente número: 99/0007 da Coruña.

Denunciado: Xosé Ramón López Varela.

Último enderezo coñecido: Buenos Aires nº 9, Pastoriza-Arteixo (A Coruña).

Contido da resolución:

Data: 1 de decembro de 1999.

Resolución: declara-la caducidade do procedemento, sen prexuízo de incoar un novo expediente polos mesmos feitos ó non transcorre-lo prazo establecido para a prescrición da infracción no artigo 60 da Lei 4/1997.