Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 16 de febreiro de 2000 Páx. 1.993

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2000, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación estatutaria da Asociación Sindical Independiente de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou o día 18 de xaneiro de 2000 certificación expedida pola secretaria da referida organización sindical, Olalla Abad López, na que se reflicten os acordos acadados por unanimidade no congreso xeral extraordinario celebrado o 25 de decembro de 1999, e que consiste na modificación dos artigos: 8, 9 e 15.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2000.

José María Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais