Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 16 de febreiro de 2000 Páx. 1.992

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2000, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación estatutaria da Asociación Gallega de Empresas Operadoras (AGEO).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou o día 18 de xaneiro de 2000 certificación expedida

polo secretario da devandita asociación, Juan Mata Cobas, avalada co visto e prace do presidente, na que se reflicte o acordo acadado por unanimidade na asemblea ordinaria, e que consiste na modificación dos artigos seguintes: 2, 7, 8, 12 e 13.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2000.

José María Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais