En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Profesional de Bases de los Grupos de Correos de Galicia (OCG), que ten os seguintes ámbitos:
Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
Profesional: poderán pertencer á devandita asociación os empregados de correos e telégrafos dos grupos E, D e C que desenvolvan a súa actividade profesional no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.
Asinan a acta de constitución: José Antonio Argiz Prado, e catro persoas máis.
Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2000.
José María Fernández Olea
Director xeral de Relacións Laborais