Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 16 de febreiro de 2000 Páx. 1.992

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2000, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Comerciantes y Distribuidores del Recambio para la Automoción de la Comunidad Gallega (Ancera-Galicia).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no corres

pondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Comerciantes y Distribuidores del Recambio para la Automoción de la Comunidad Gallega (Ancera-Galicia), que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación as persoas físicas ou xurídicas que se dediquen á distribución do recambio independente para a automoción.

Asinan a acta de constitución: Jaime Seoane Pérez, en representación da empresa Comercial S.M. Electrorecambios, S.L., e tres persoas máis en representación doutras tantas empresas.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2000.

José María Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais