En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Gallega de Empresas de Jardinería (Agaejar), que ten os seguintes ámbitos:
Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
Profesional: poderán pertencer á devandita asociación as persoas físicas ou xurídicas vinculadas ó sector da xardinería.
Asinan a acta de constitución: Juan Carlos Núñez Lestón, en representación da sociedade limitada Jardinería Juan Núñez y Lago, S.L., e nove persoas máis representando a outras sociedades.
Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2000.
José María Fernández Olea
Director xeral de Relacións Laborais