Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 16 de febreiro de 2000 Páx. 1.991

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2000, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Galega de Actividades Náuticas (AGAN).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os

efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Galega de Actividades Náuticas (AGAN), que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación as empresas e entidades que desenvolvan actividades no sector do turismo náutico.

Asinan a acta de constitución: Eduardo Dopazo Suárez, en representación da entidade Club Náutico de Portonovo, e tres persoas máis representando a outras entidades.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2000.

José María Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais