Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 16 de febreiro de 2000 Páx. 1.993

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador C-65/1999 (caza-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, a incoación do expediente sancionador, por infracción da Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia.

Que, así mesmo, designo instructor do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a María Teresa Calvo García.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquera momento do expediente por algunha das causas previas no artigo 28 da mentada lei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento

administrativo común, os denunciados disporán dun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formularen as alegacións, achegaren documentos ou as probas que conveñan ó seu dereito, advertíndolles que de non efectuaren alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9).

Pontevedra, 19 de xaneiro de 2000.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: 65/1999.

Denunciado: José Carreira García, enderezo Arnois-Carballeira, 22, A Estrada.

DNI: 76.800.210.

Feitos denunciados: cazar en terreo sometido a réxime cinexético especial sen estar en posesión do correspondente permiso, ás 8.55 horas do día 21-10-1999, lugar Ferreiroa-Couto PO-10.129, concello de Agolada.

Data do acordo da incoación: 8-11-1999.

Precepto infrinxido: 58.27º da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Precepto sancionador: 61 da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Sanción: 100.001 ptas., retirada da licencia de caza e inhabilitación para obtela durante 1 ano e 1 día.