Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 16 de febreiro de 2000 Páx. 1.981

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (356/1997).

En Santiago de Compostela o trinta de decembro de mil novecentos noventa e nove.

En nome de El-Rei. Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza de instrucción, tendo visto e oído en xuízo oral e público a presente causa de xuízo de faltas 356/1997, seguida por unha falta de furto (623), no que foron parte ademais do Ministerio Fiscal, José Álvarez Penín, con domicilio en rúa Montero Ríos, número 33 de Santiago de Compostela, denunciante e como denunciados María Santos Cost con domicilio na rúa Romil número 102, 1º A de Vigo e Fabián Márquez Delgado, sen domicilio coñecido, pronunciou a seguinte sentencia:

«Antecedentes de feito

Único.-O Ministerio Fiscal no acto do xuízo oral non formulou acusación.

Feitos probados

Único. Por José Álvarez Penín foi formulada denuncia contra María Santos Cost e Fabián Márquez Delgado na que son acusados dunha falta de furto, feitos estes que non quedaron acreditados no acto de xuízo de faltas.

Fundamentos de dereito

Primeiro.-Segundo doutrina sentada polo Tribunal Constitucional (S.T. 18-4-1985), no sistema penal español rexe o principio acusatorio conforme o cal a facultade de xulgar depende de que algunha das partes procesuais, xa sexa o Ministerio Fiscal ou o acusador particular exerciten a acción penal, pois só neste caso poderá o xuíz dictar sentencia condenatoria, quedando en caso de falta de acusación, vinculado por este e compelido a dictar sentencia absolutoria.

En consecuencia, facendo aplicación do exposto ó presente caso, ó non ter sostida acusación (en trámite de conclusións), ningunha das partes, sen que vistas as circunstancias do caso procede facer uso da facultade establecida no artigo 644 da Lei de axuizamento criminal nin por analoxía do previsto no artigo 733 do mesmo corpo penal, procede dictar sentencia absolutoria.

Segundo.-As custas deben ser declaradas de oficio, conforme os artigos 123 do Código Penal e 239 e 240 da Lei de axuizamento criminal.

Vistos os artigos citados e demais de xeral e pertinente aplicación decido:

Debo absolver como absolvo a María Santos Cost e Fabián Márquez Delgado, con declaración de custas de oficio.

A presente resolución non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación en ámbolos efectos neste xulgado perante a Audiencia Provincial da Coruña-sección sexta con sede en Santiago de Compostela-no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación: dada, lida e publicada foi a anterior sentencia pola mesma xuíza que a dictou, estando a celebrar audiencia pública en Santiago de Compostela o trinta de decembro de mil novecentos noventa e nove, da que eu, o secretario, dou fe.

Rubricado