Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 16 de febreiro de 2000 Páx. 1.981

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de requirimento (90/1997).

Nos autos de xuízo de faltas 90/1997, hoxe executoria 1/2000, seguidas neste xulgado por furto, con esta data, dictouse a seguinte cédula:

En Santiago de Compostela o trece de xaneiro de dous mil.

Non cabendo recurso ordinario ningún contra a sentencia dictada na segunda instancia pola Audiencia Provincial da Coruña, declárase firme e, en consecuencia, procédase á súa execución; para este fin, incóese a correspondente executoria, a cal se rexistrará coas da súa clase.

Requíranse os condenados Cedric Cotos Lindecker e David Sanjuán Alonso, co fin de que no improrrogable termo de oito días acrediten ter ingresado na conta de consignacións que este xulgado ten aberta no BBA co número de conta 1500-78-1/2000, a cantidade de seis mil pesetas que en concepto de multa lles foi imposta nos autos de xuízo de faltas 90/1997, do que dimana a presente executoria, cantidade esta resultante dos 30 días impostos por tal concepto, coa cota diaria de 200 pesetas e iso coa responsabilidade persoal de cumprir un día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias ou fracción deixadas de aboar, privación de liberdade que se materializará en centro penitenciario e en réxime de arrestos de fin de semana.

Para o requirimento do condenado Cedric Cotos Lindecker, que se atopa en ignorado paradoiro,

publíquese a correspondente de requirimento no DOG e unha vez conste nel, acordarase.

Mándao e asínao S.Sª. Dou fe.

E para que conste a súa publicación no DOG e sirva de requirimento en forma a Cedric Cotos Lindecker, actualmente en ignorado paradoiro, expido, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela o trece de xaneiro de dous mil.

A secretaria

Rubricado