Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 15 de febreiro de 2000 Páx. 1.893

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 7 de xaneiro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, da corrección de erros do convenio colectivo do sector da construcción.

Vista a acta da comisión paritaria de interpretación do convenio colectivo da construcción da provincia de Pontevedra, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 22 de decembro de 1999, subscrita en representación da parte económica pola Asocia

ción Provincial de Empresarios de la Construcción (APEC), e da parte social pola centrais sindicais UGT, CC.OO. e CIG, con data do 21 de decembro de 1999, de corrección de erros no artigo 18, parágrafo 3.5 do convenio provincial (DOG nº 195, do 7 de outubro e BOP nº 172, do 7 de setembro), e no sentido que se fai figurar no texto da devandita acta.

Que, ó abeiro do disposto no artigo 105.2º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), as administracións poderán, así mesmo, rectificar en calquera momento, de oficio ou por instancia dos interesados, os erros materiais, de feito ou aritméticos, existentes nos seus actos, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Rectifica-lo erro material sufrido no artigo 18, parágrafo 3.5 do convenio colectivo da construcción da provincia de Pontevedra e no sentido que figura no texto da acta.

Segundo.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Terceiro.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Cuarto.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 7 de xaneiro de 2000.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Comisión paritaria de interpretación do convenio colectivo da construcción da provincia de Pontevedra.

Corrección de erros no artigo 18, punto 3.5 do convenio provincial.

Asistentes:

UGT:

José C. Rodríguez del Río.

Guillermo Simón.

CC.OO.:

Francisco Estévez Rodríguez.

CIG:

Xosé Xoán Melón González.

Alberto Fernández Campo.

APEC:

José M. Conde Roque.

Anselmo Hernández Luján.

Asesora:

Yolanda Carballo Muñoz.

En Vigo o 21 de decembro de 1999, na sede da Asociación Provincial de Empresarios de la Construcción (APEC), previamente convocados, reúnense as persoas que figuran á marxe nas representacións que se indican, co fin seguinte:

Detectado un erro no artigo 18: contrato para a formación, no seu punto 3.5, a retribución para aqueles traballadores desde 18 a 24 anos será de 90.690 pesetas, que entrará en vigor con carácter retroactivo desde o 1 de xaneiro de 1999 ata o 31 de decembro do mesmo ano.