Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 15 de febreiro de 2000 Páx. 1.893

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 3 de xaneiro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da acta da comisión negociadora do convenio colectivo da empresa Restaurante San Clemente, S.L. pola que se acorda a adhesión ó convenio do sector de hostalería da provincia da Coruña.

Visto o texto da acta asinada o día 18 de novembro de 1999 pola comisión negociadora do convenio colectivo da empresa Restaurante San Clemente, S.L. integrada en representación da parte económica pola empresa e da parte social polos delegados de persoal, mediante o que se acorda a adhesión con efectos do 1 de xaneiro do ano 2000 ó convenio do sector de hostalería da provincia da Coruña, publicado no BOP nº 24, do 31 de xaneiro de 1999 e no DOG nº 32, do 17 de febreiro de 1999, que por economía procedemental non procede publicar con esta resolución por ser de xeral coñecemento e, de conformidade co disposto no artigo 92.1º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadodes, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma

de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 3 de xaneiro de 2000.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Acta

En Santiago de Compostela o 18 de novembro de 1999.

Reunidos pola empresa, Manuel Rodríguez Rodríguez, con DNI 34.243.038, e pola parte social Antonio Rodríguez Castro, con DNI 76.494.627, Mercedes Fernández Vidal, con DNI 33.273.994 e José María Cao Collazo, con DNI 33.237.364, que constitúen a comisión negocidora do convenio colectivo da empresa Restaurante San Clemente, S.L.

Unha vez denunciado o convenio colectivo para a empresa Restaurante San Clemente, S.L. (código 1402983) con data do 14-10-1999.

Acordan:

Primeiro.-Adherirse á totalidade do convenio colectivo do sector da hostalería da provincia da Coruña, con efectos do 1 de xaneiro do ano 2000.

Segundo.-Aprobar, unha vez lida, esta acta e remitir copia dela á Dirección Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Pola empresa:

Manuel Rodríguez Rodríguez.

Polos traballadores:

Antonio Rodríguez Castro.

Mercedes Fernández Vidal.

José María Cao Collazo.