Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 15 de febreiro de 2000 Páx. 1.879

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 27/2000, do 28 de xaneiro, polo que se acepta a cesión a título gratuíto á Comunidade Autónoma de Galicia dun inmoble, na Chousa de San Briz, no termo municipal da Pontenova (Lugo), para a construcción dun instituto.

O Pleno da Corporación municipal do Concello da Pontenova, reunido en sesión celebrada o día 26 de febreiro de 1998, acordou cederlle á Comunidade Autónoma de Galicia un inmoble, situado na Chousa de San Briz, no termo municipal da Pontenova (Lugo), para a construcción dun instituto.

Conforme os artigos 17.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e 34 do seu regulamento aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo, a adquisición pura e simple de bens a título gratuíto ou lucrativo requirirá decreto do Consello da Xunta de Galicia, por proposta da Consellería de Economía e Facenda. Así mesmo, os artigos 23.1º da mesma lei e 38.1º do regulamento establecen que non se poderán adquirir bens ou dereitos a título lucrativo cando o valor dos gravames, cargas ou afeccións impostos sobre eles supere o seu valor intrínseco; se ben non se considera carga, gravame ou afección os investimentos que teña que realiza-la Comunidade Autónoma para da-lo destino de uso xeral ou servicio público da súa competencia que fixe o cedente ou doador.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, feita nos termos nos que o Concello da Pontenova acordou a cesión e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinteoito de xaneiro de dous mil,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acéptase a cesión gratuíta dun inmoble situado na Chousa de San Briz, no termo municipal da Pontenova (Lugo), que a seguir se describe:

Trátase dun inmoble de 9.784 m cos seguintes lindes: norte, en parte camiño a Chousa, e en parte, con predios de María López Martínez, e o de irmáns Reimonde Yanes, o de María López Rodríguez, o de irmáns García Cotarelo, o de Luis Ríos, o de Miguel Aenlle; sur, María López Martínez, irmáns Reimonde Yanes, predio de Josefa López Lombardero, o de irmáns López Rocha, o de Josefa López Rego, o de María López Martínez, o de María Nieves García Silván, o de Elena Lamas Liz, o de Albino Ron Cereijo e o de irmáns López, observándose ó longo deste lindeiro sur a servidume que se detalla na correspondente escritura deste predio; leste, predios de irmáns Urra Gallo, o de irmáns García Sequeiro e Mª Nieves García Silván, o de Dolores Domínguez Sequeiro e o de irmáns López López; oeste, linda con predio de José García e almacén de José García Sequeiro.

O inmoble descrito obterase por segregación dun predio de 10.225 m, que aparece inscrito a favor do Concello da Pontenova por título de agrupación, mediante escritura pública autorizada polo notario da Pontenova Jesús de la Fuente Galán o día 26 de xullo de 1991, non presentando máis cargas cá servidume descrita no punto anterior, no tomo 569 do arquivo, libro 82 do Concello da Pontenova, folio 181, baixo o número de predio 5.363, inscrición primeira.

Artigo 2º

O terreo cedido destinarase á construcción dun instituto.

Artigo 3º

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, procederá á formalización da cesión no correspondente documento público e á inscrición do ben no Rexistro da Propiedade a nome da Comunidade Autónoma.

Disposición derradeira

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, levará a cabo tódolos trámites necesarios para a efectividade deste decreto.

Santiago de Compostela, vinteoito de xaneiro de dous mil.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda