Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 15 de febreiro de 2000 Páx. 1.880

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 18 de xaneiro de 2000 pola que se regula o concurso público para a concesión de subvencións a empresas privadas para fomenta-lo uso social da lingua galega.

De acordo co disposto na Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, a Xunta de Galicia promove o uso do galego -lingua propia de Galicia- e recoñece, así mesmo, que as empresas privadas, pola súa incidencia e implantación territorial e social, poden constituírse en promotoras da extensión do uso social do noso idioma.

Polo exposto, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, de acordo coa normativa vixente en materia de subvencións, fai pública esta convocatoria, mediante a que pretende anima-las empresas a que realicen actividades encamiñadas a aumenta-lo uso social da lingua galega a partir do seu emprego no ámbito económico e mercantil.

Para arbitra-las medidas e os procedementos económico-administrativos necesarios para concederlles subvencións ás empresas privadas para a confección de documentación permanente, a rotulación perma

nente dos establecementos ou vehículos, a realización de actividades publicitarias e a edición de suplementos didácticos en lingua galega, e para asegura-los principios de publicidade, concorrencia e obxectividade,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

Esta convocatoria ten por obxecto regular, para o exercicio do ano 2000, a concesión de subvencións a empresas privadas para fomenta-lo uso social da lingua galega, a través da confección de documentación permanente, a rotulación permanente dos establecementos ou vehículos e a realización de actividades publicitarias e a edición de suplementos didácticos en lingua galega, de acordo coas correspondentes bases específicas.

Artigo 2º.-Suxeitos.

Poderán solicita-la subvencións reguladas nesta orde tódalas empresas privadas que estean legalmente constituídas e inscritas no rexistro correspondente.

Quedan excluídas as seguintes persoas xurídicas privadas:

A) As que teñan un capital no que a participación dunha ou varias administracións públicas sexa maioritaria.

B) Aquelas que anteriormente recibisen algunha outra subvención da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e non xustificasen o seu investimento.

Cada solicitante poderá presentar un máximo dunha solicitude por base específica.

Artigo 3º.-Orzamento.

As subvencións concederanse con cargo á partida orzamentaria 07.06.353E.470.0 correspondente ós orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2000, por unha contía máxima total de 100.000.000 de pesetas, ou o seu equivalente en euros, de acordo coas bases específicas.

Artigo 4º.-Órgano competente para a xestión das axudas.

Corresponderalle á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a través da Dirección Xeral de Política Lingüística, a realización das tarefas de xestión desta convocatoria.

Artigo 5º.-Requisitos.

Os proxectos beneficiarios das subvencións outorgadas ó abeiro da presente orde deberán cumpri-los requisitos especificados nas correspondentes bases específicas.

Artigo 6º.-Criterios de concesión.

As propostas valoraranse de acordo coas táboas recollidas nas correspondentes bases específicas.

Artigo 7º.-Documentación.

As solicitudes, no modelo oficial, xunto coa documentación citada a seguir, presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (edificio administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela), antes do 1 de xullo do ano 2000.

É de aplicación o previsto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Os interesados presentarán a seguinte documentación e pola seguinte orde:

1. Solicitude debidamente cuberta e asinada, utilizando o anexo I da presente orde. A solicitude deberá especificar polo miúdo tódolos epígrafes do proxecto, sendo estrictamente obrigatorio que tódolos apartados aparezan cubertos, coa finalidade de poder ser valorada polos servicios competentes da Dirección Xeral de Política Lingüística.

2. Escrito no que se faga constar:

a) A actividade principal do solicitante.

b) O número de empregados do solicitante.

3. Fotocopia compulsada da escritura pública de constitución da empresa solicitante e da constancia da inscrición da escritura no Rexistro Mercantil. As sociedades civís presentarán unha fotocopia compulsada dos seus estatutos.

4. Fotocopia compulsada do poder notarial do representante da empresa solicitante e da constancia da inscrición do poder no Rexistro Mercantil.

5. Fotocopia do último recibo do Imposto de Actividades Económicas.

6. Fotocopia do CIF da empresa.

7. Certificado orixinal no que consten os datos bancarios, selado e asinado pola entidade financeira.

8. Breve memoria explicativa na que se detallen as actividades que integran os proxectos para os que se solicita a subvención.

9. No caso da rotulación permanente e da rotulación ou impresión que teña fins publicitarios deberá xuntarse o texto en galego que se pretende imprimir. O citado texto deberá vir corrixido por algún especialista en lingua galega, para isto a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria pon ó dispor de calquera entidade os seus servicios técnicos e o persoal dos gabinetes de normalización lingüística localizados nas delegacións provinciais da consellería.

10. Declaración de conxunto de tódalas solicitudes efectuadas ou concedidas, para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes.

As empresas individuais presentarán, no canto dos documentos especificados nos puntos 2, 3 e 5, unicamente unha fotocopia compulsada do NIF do titular.

Artigo 8º.-Procedemento.

Recibida cada solicitude de subvención e a súa documentación, será analizada e valorada polos servicios competentes da Dirección Xeral de Política Lingüística segundo os criterios de valoración establecidos no artigo 6º, e o director xeral de Política Lingüística elevaralle a correspondente proposta ó conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, quen resolverá dentro das dispoñibilidades orzamentarias. A resolución comunicaráselle ó correspondente solicitante e poralle fin á vía administrativa.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

De non se notificar resolución favorable no prazo de tres meses a partir da presentación da solicitude, darase por desestimada a petición.

Artigo 9º.-Aceptación da subvención e compromisos.

No prazo máximo de dez días contados a partir da notificación de cada resolución, as empresas seleccionadas terán que lle comunicar por escrito a súa aceptación da subvención concedida, e os compromisos que isto supón, á Dirección Xeral de Política Lingüística. A omisión desta comunicación dará lugar ó arquivo do expediente sen máis trámite.

Os beneficiarios das subvencións, unha vez aceptadas estas, quedarán obrigados a destina-los fondos percibidos para o obxecto concreto para o que foron concedidos e non poderán solicita-lo cambio para outro proxecto. Tamén teñen a obriga de lles facilitar ós servicios competentes da Dirección Xeral de Política Lingüística toda a información requirida. A Dirección Xeral de Política Lingüística poderá comprobar, cando o considere conveniente, a execución dos proxectos subvencionados.

Artigo 10º.-Xustificación.

O prazo improrrogable de xustificación e entrega da totalidade da documentación que a seguir se cita, nas condicións recollidas nesta orde, rematará o día 31 de outubro do ano 2000.

Antes da citada data deberase remiti-la seguinte documentación á Dirección Xeral de Política Lingüística, xunto cun escrito no que se cite o número de expediente e os documentos remitidos:

1. Os xustificantes de gasto que se prevexan nas correspondentes bases específicas.

2. Xustificantes orixinais, ou fotocopia compulsada, dos gastos realizados, de acordo coa resolución de concesión e nos termos expresados no proxecto presentado, por un valor mínimo equivalente ó dobre da axuda outorgada, excluído o IVE. No caso de que o importe xustificado sexa inferior ó dobre da axuda outorgada, esta reducirase de maneira proporcional. Non se admitirán xustificantes de adquisición de material inventariable (ordenadores, etc.) ou de oficina (bolígrafos, selos, etc). As datas dos xustificantes estarán comprendidas entre o 1 de xaneiro e o 31 de outubro do ano 2000.

3. Relación numerada dos xustificantes mencionados no punto anterior, que incluirá o número de fac

tura, o emisor, a suma parcial folla por folla e a suma do total da relación.

4. Certificado de non ter pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia expedido pola Consellería de Economía e Facenda.

5. Certificado de estar ó día nas obrigas tributarias expedido pola correspondente delegación ou axencia do Ministerio de Economía e Facenda.

6. Certificado de atoparse ó corrente das obrigas sociais expedido pola Tesourería da Seguridade Social. No caso dos traballadores suxeitos ó réxime de autónomos presentaranse dúas certificacións, expedidas, respectivamente, a nome da empresa beneficiaria da subvención e a nome do propio traballador autónomo; así mesmo, presentarase unha declaración expresa de ter, ou non, traballadores ó seu cargo, segundo estipula o Decreto 390/1996.

7. Xustificación documental da realización do proxecto subvencionado (mediante mostras materiais, contratos, disquetes, publicacións, fotografías, vídeos, etc.) e do correcto emprego do galego nos termos do artigo 5º da presente orde.

8. Declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

O incumprimento destas obrigas por parte do interesado dará lugar ó arquivo do expediente sen máis trámite.

Artigo 11º.-Libramento dos fondos.

Cumpridas correctamente as obrigas recollidas no artigo 10º, a Dirección Xeral de Política Lingüística proporá o libramento dos fondos de acordo coa normativa orzamentaria vixente.

Artigo 12º.-Perda da subvención.

Calquera alteración da actividade verbo dos datos que figuran no impreso de solicitude e calquera outro incumprimento das normas contidas na presente orde terá como consecuencia a revogación da axuda. A empresa interesada terá que reintegra-las cantidades percibidas, se as houber, e mailos xuros de demora devengados desde o momento do seu pagamento.

No caso de que se lle conceda á mesma empresa no prazo de vigor desta orde outra subvención por esta mesma finalidade, a empresa terá que llo comunicar á Administración. A este respecto, é de aplicación o disposto no artigo 78.3º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, modificado pola Lei 8/1999, do 30 de decembro, de medidas fiscais e orzamentarias e de función pública e actuación administrativa, segundo a cal o importe da subvención se minorará na contía das outras subvencións co límite do 100% do investimento subvencionado.

Bases específicas

A) Confección de documentación permanente.

-O obxecto das subvencións é a elaboración de documentación permanente da empresa, como manuais ou regulamentos internos, programas informáticos para a xestión, libros de contabilidade, facturas, etc.

-A contía total das subvencións ascenderá a 30.000.000 de pesetas.

a) Destinaranse 20.000.000 de pesetas a subvencións de ata 200.000 ptas. cada unha.

b) Destinaranse 10.000.000 de pesetas a subvencións de ata 350.000 ptas. cada unha, para os proxectos de maior interese por razóns tales como o sector socioeconómico abranguido, a complexidade de realización, a anovación ou a difusión social das propostas. De non esgotarse este orzamento, o remanente poderá incrementa-lo orzamento do punto a).

-Os proxectos beneficiarios das subvencións outorgadas ó abeiro desta orde deberán cumpri-los seguintes requisitos:

a) Autofinanciamento mínimo do 50%.

b) Realización íntegra en galego:

Os textos da documentación proposta deberán estar redactados en galego e non poderán coincidir literalmente con outra lingua.

Só se subvencionarán proxectos de documentación que estean correctamente realizados en galego, segundo o disposto na lexislación vixente (disposición adicional da Lei 3/1983, do 15 de xuño, e Decreto 173/1982, do 17 de novembro).

Os adxudicatarios das subvencións deberán coidar dun xeito especial a calidade lingüística da documentación que elaboren. En todo caso, e para estes efectos, a Dirección Xeral de Política Lingüística pon ó dispor dos adxudicatarios os seus servicios técnicos.

-Prazo de realización das propostas: entre o 1 de xaneiro e o 31 de outubro do ano 2000.

Valoraranse as propostas de acordo coa seguinte táboa:

Incidencia grandeIncidencia mediaIncidencia

pequena

Subvencións de ata 200.000 ptas.200.000150.000100.000

Subvencións de ata 350.000 ptas.350.000300.000225.000

B) Rotulación permanente.

-O obxecto das subvencións é a rotulación permanente, exterior, interior ou dos dous tipos, dos establecementos ou vehículos.

-A contía total das subvencións ascenderá a 20.000.000 de pesetas.

a) Destinaranse 12.000.000 de pesetas a subvencións de ata 250.000 ptas. cada unha.

b) Destinaranse 8.000.000 de pesetas a subvencións de ata 400.000 pts. cada unha, para os proxectos de maior interese por razóns tales como o sector

socioeconómico abranguido, a complexidade de realización, a anovación ou a difusión social das propostas. De non esgotarse este orzamento, o remanente poderá incrementa-lo orzamento do punto a).

-Os proxectos beneficiarios das subvencións outorgadas ó abeiro da presente orde deberán cumpri-los seguintes requisitos:

a) Autofinanciamento mínimo do 50%.

b) Realización íntegra en galego:

Os textos das rotulacións propostas deberán estar redactados en galego e non poderán coincidir literalmente con outra lingua.

Só se subvencionarán proxectos de rotulación que estean correctamente realizados en galego, segundo o disposto na lexislación vixente (disposición adicional da Lei 3/1983, do 15 de xuño, e Decreto 173/1982, do 17 de novembro).

Os adxudicatarios das subvencións deberán coidar dun xeito especial a calidade lingüística das rotulacións que realicen. En todo caso, e para estes efectos, a Dirección Xeral de Política Lingüística pon ó dispor dos adxudicatarios os seus servicios técnicos.

-Prazo de realización das propostas: entre o 1 de xaneiro e o 31 de outubro do ano 2000.

Valoraranse as propostas de acordo coa seguinte táboa:

Incidencia grandeIncidencia mediaIncidencia

pequena

Subvencións de ata 250.000 ptas.250.000190.000125.000

Subvencións de ata 400.000 ptas.400.000325.000275.000

C) Realización de actividades publicitarias e/ou suplementos didácticos.

-O obxecto das subvencións é a publicidade da empresa en calquera soporte ou medio, e, en especial, a realización de actividades audiovisuais total ou parcialmente publicitarias (por exemplo, a través da radio, a televisión, Internet, etc.). Así mesmo, subvencionarase a edición de suplementos didácticos en lingua galega como vehículo de promoción lingüística.

-A contía total das subvencións ascenderá a 50.000.000 de pesetas.

a) Destinaranse 30.000.000 de pesetas a subvencións de ata 200.000 ptas. cada unha.

b) Destinaranse 20.000.000 de pesetas a subvencións de ata 350.000 ptas. cada unha, para os proxectos de maior interese por razóns tales como o sector socioeconómico abranguido, a complexidade de realización, a anovación ou a difusión social das pro

postas. De non esgotarse este orzamento, o remanente poderá incrementa-lo orzamento do punto a).

-Os proxectos beneficiarios das subvencións outorgadas ó abeiro desta orde deberán cumpri-los seguintes requisitos:

a) Autofinanciamento mínimo do 50%.

b) Realización íntegra en galego:

Os textos das actividades publicitarias propostas deberán estar redactados en galego e non poderán coincidir literalmente con outra lingua.

Só se subvencionarán proxectos de actividades publicitarias e/ou de suplementos didácticos que estean correctamente realizados en galego, segundo o disposto na lexislación vixente (disposición adicional da Lei 3/1983, do 15 de xuño, e Decreto 173/1982, do 17 de novembro).

Os adxudicatarios das subvencións deberán coidar dun xeito especial a calidade lingüística das actividades publicitarias e/ou do contido didáctico promocional dos suplementos que realicen. En todo caso, e para estes efectos, a Dirección Xeral de Política Lingüística pon ó dispor dos adxudicatarios os seus servicios técnicos.

-Prazo de realización das propostas: entre o 1 de xaneiro e o 31 de outubro do ano 2000.

Valoraranse as propostas de acordo coa seguinte táboa:

Incidencia grandeIncidencia mediaIncidencia

pequena

Subvencións de ata 200.000 ptas.200.000150.000100.000

Subvencións de ata 350.000 ptas.350.000275.000225.000

Disposición adicional

No caso de se esgotaren as dispoñibilidades orzamentarias dentro do prazo de vixencia da presente orde, o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria declarará cerrado o prazo de admisión de solicitudes.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Política Lingüística para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2000.

P.D. (Orde 21-6-1996)

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria