Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 14 de febreiro de 2000 Páx. 1.862

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2000 pola que se fan públicas as razóns que xustifican a utilización do procedemento de contratación directa no arrendamento de local para dependencias do Centro de Promoción de Negocios do Igape en Düsseldorf (Alemaña).

En cumprimento do disposto no artigo 22.1º da Lei 3/1985, de patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e no artigo 55.2º do Decreto 550/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o seu regulamento, e á vista das competencias atribuídas polos artigos 1 e 7 da Lei 5/1992, de creación do Igape, en virtude das facultades ó meu favor conferidas por acordo de delegación de facultades do Consello de Dirección do Igape con data do 9 de outubro de 1997,

RESOLVO:

Facer público que, por razón das especiais características que debe cumpri-lo local para satisface-las necesidades do Centro de Promoción de Negocios do Igape en Düsseldorf (Alemaña), se xustifica a utilización do procedemento de contratación directa

do arrendamento dun local sito na rúa Immermannstr.13, Düsseldorf (Alemaña) para dependencias do Centro de Promoción de Negocios do Igape en Alemaña.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2000.

Diego Diz Fernández

Director xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica