Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 14 de febreiro de 2000 Páx. 1.862

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 14 de xaneiro de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, de notificación do inicio do expediente sancionador simplificado 32115/1999 en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de

novembro) de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), notifícaselle á sociedade relacionada a continuación (que non puido ser notificada no último enderezo coñecido que así mesmo se indica), a iniciación do expediente sancionador simplificado nº 32115/1999, por infracción en materia de defensa do consumidor.

O que se lle comunica á sociedade interesada para que no prazo de 10 días, contados a partir do seguinte a esta notificación, efectúen as actuacións preliminares, a achega de cantas alegacións, documentos ou informacións considere convenientes e, de se-lo caso, a proposición e práctica de probas, advertíndolle á sociedade interesada que lle queda posto de manifesto o expediente e que, de non efectuar alegacións ó contido deste acordo de iniciación, este poderá ser considerado como proposta de resolución.

Expediente: 32115/1999.

Inculpado: Activa Insertec España, S.L.

Enderezo: r/ Capitán Eloy, nº 1, Ent. D. Ourense.

Motivo: anunciarse en páxinas telefónicas baixo o nome de diferentes marcas de electrodomésticos sen ser servicio oficial de asistencia técnica.

Data do inicio: 9-11-1999.

Ourense, 14 de xaneiro de 2000.

Antonio Aguarón Turrientes

Xefe do Servicio Provincial do Instituto

Galego de Consumo