Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 14 de febreiro de 2000 Páx. 1.862

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 20 de xaneiro de 2000, da Área Provincial da Coruña, de notificación de requirimentos de pagamento ós debedores que se relacionan, unha vez intentada a notificación á que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992 (expediente C-91/503, conta 59).

En cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co establecido nos artigos 1124, 1504, 1501 e 1091 do Código Civil e a estipulación 14º da escritura de comprevenda, notifícaselles ós interesados cos datos e último domicilio coñecido (identificado por nº de expediente e conta) que a continuación se relacionan, os requirimentos de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden ás cantidades que se sinalan, facéndolles constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que non sexan pagados e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas dimanantes dos contratos subscritos por vostedes coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común concédeselles un prazo de dez días hábiles para que se poñan ó corrente das súas obrigas, ou comparezan na delegación provincial, en trámite de audiencia para os efectos de presenta-los documentos e xustificacións que estimen convenientes ó seu dereito.

En caso contrario procederase á resolución dos seus contratos e iniciación dos oportunos expedientes de desafiuzamento, co conseguinte lanzamento da vivenda, para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 20 de xaneiro de 2000.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa de Área Provincial da Coruña

ANEXO

José Luis Gómez Pérez e herdeiros.

Expediente C-91/503 (desafiuzamento F.P.524/1999).

Conta: 59.

Rúa do Peneiro, 3ºC, bloque 2, P-1, Arillo-Dorneda (Oleiros).

Importe da débeda: 942.126 ptas.