Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 14 de febreiro de 2000 Páx. 1.861

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 20 de xaneiro de 2000, da Área Provincial da Coruña, pola que se notifica unha proposta de expediente administrativo de desafiuzamento por non ocupación, intentada a notificación á que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992, por resultar descoñecido o seu domicilio (expediente 41/1999). (Regularización).

Por medio desta cédula, e en cumprimento do disposto no artigo 142 do Regulamento de VPO aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselles ós interesados, cos datos e último domicilio coñecido sinalado no anexo, as propostas de resolución de desafiuzamento acordadas pola instructora dos expedientes do IGVS da Coruña por non destina-las vivendas a domiclio habitual e permanente dos beneficiarios ou arrendatarios, causa suficiente de desafiuzamento conforme o disposto no artigo 30.6º do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da lexislación de VPO, e 138.6º do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.

Concédese un prazo de 15 días hábiles desde o seguinte ó da publicación desta cédula para a contestación perante este Servicio Provincial do IGVS da Coruña alegando por escrito canto consideren conveniente para a súa defensa. Transcorrido o dito prazo elevaranse as actuacións ó órgano competente para a súa resolución.

Para que conste e lles sirva de notificación ós interesados en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 20 de xaneiro de 2000.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Nº expediente de desafiuzamento: 41/1999 (non ocupación).

Adxudicatario: herdeiros de Luisa Asunción Gueto Lojo.

Último domicilio coñecido: Arcebispo Berenguel, Viv. 27, grupo S. Bartolomé (Noia).

(Expte. C-3118, conta 27).