Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 14 de febreiro de 2000 Páx. 1.863

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 1999, da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (Área de Ferrol) pola que se anuncia o concurso público 1/2000 (5 lotes) por procedemento aberto, para a compra de diverso material funxible sanitario.

A Dirección Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (Área de Ferrol), en virtude das atribucións que lle foron delegadas de acordo co establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

1. Obxecto e orzamento: compra de diverso material funxible sanitario.

CP 1/2000DenominaciónImporte

Lote 1Xiringas e agullas3.896.500 ptas.
Lote 2Tiras reactivas e lancetas3.567.800 ptas.
Lote 3Vendas cohesivas3.213.200 ptas.
Lote 4Vendas de crepé e compresas e tiras gasa3.174.400 ptas.
Lote 5Luvas2.000.000 ptas.

Total:15.851.900 ptas.

(95.271,83 euros)

No dito importe inclúese o IVE.

2. Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31-12-2000.

3. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode solicitarse na Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (Departamento de Subministracións), polígono da Gándara, parcela 35, 15407 Ferrol, en días laborables das 9 ás 14 horas.

4. Fianzas:

a) Provisional: o 2% do importe de licitación, que se constituirá segundo o disposto no artigo 36 da Lei de contratos das administracións públicas.

b) Definitiva: o 4% do importe de licitación.

5. Clasificación: non se esixe.

6. Solvencia técnica: acreditarase por algún de entre os documentos sinalados no anexo II do prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Solvencia económica: acreditarase por algún de entre os documentos sinalados no anexo I do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Admisión de variantes: admítense variantes, sempre e cando o ofertante especifique brevemente, pero dun xeito claro, cales son, ó seu xuízo as vantaxes das distintas variantes.

9. Presentación de proposicións: as proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no Rexistro Xeral da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (Ambulatorio Fontenla Maristany), praza de España 19-20 Ferrol, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no punto 10.2º do prego de cláusulas administrativas.

10. Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas realizarase pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Ambulatorio Fontenla Maristany de Ferrol, ás 10 horas do décimo primeiro día natural, contado a partir do seguinte ó da finalización do prazo de presentación de ofertas. En caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

11. Documentos que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Criterios de adxudicación: a adxudicación realizarase tendo en conta os seguintes criterios:

1. Prezo: 6.

2. Calidade: 3.

3. Servicio: 1.

13. Anuncios: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

Ferrol, 3 de decembro de 1999.

Luis Verde Remeseiro

Director xerente de Atención Primaria

da Coruña-Ferrol