Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 14 de febreiro de 2000 Páx. 1.838

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2000, do Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra, pola que se sinalan datas para o levantamento das actas previas á ocupación dos bens afectados polas obras do proxecto de trazado da conexión da estrada PO-242 coa CN-541, treito Bora/CN-541, termo municipal de Pontevedra. (Clave N-PO-95.9).

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia, establece no seu punto 2º a competencia da Comunidade Autónoma galega no desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras citadas no encabezamento da presente resolución, atópanse incluídas no programa de obras que se realizarán con cargo ó programa 413-B Construcción, conservación e explotación de estradas.

Por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do 1 de marzo de 1996, aprobouse o correspondente proxecto de trazado.

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 9 de decembro de 1999 (Decreto 331/1999), acordou declara-la utilidade pública das mencionadas obras e, así mesmo, a urxente ocupación dos

bens afectados por estas, para os efectos do establecido no artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa.

Na súa virtude, e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 55 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servicio en uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios dos concellos que a continuación se citan, para que comparezan nos lugares, datas e horas que se detallan, para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los dereitos afectados e os prexuízos dimanantes da rápida ocupación, sen prexuízo de trasladarse ó lugar dos predios se o consideran necesario.

Lugar: Casa do Concello de Pontevedra.

Día 1 de marzo de 2000, de 9 a 14 horas: do predio nº 001 ó último predio.

Ó dito acto, deberán acudi-los titulares afectados persoalmente ou ben representados por persona debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución, podendo facerse acompañar, pola súa conta, e se o estiman oportuno, dos seus peritos e notario.

Así mesmo, e en cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante o prazo de quince días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia en Pontevedra, rúa Said Armesto nº 1, as alegacións que estimen pertinentes, co obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

Pontevedra, 8 de febreiro de 2000.

Fausto Nuñez Vilar

Enxeñeiro xefe