Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 14 de febreiro de 2000 Páx. 1.838

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2000, da Xefatura Provincial de Estradas de Lugo, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación e se somete a información pública a relación de propietarios afectados polas obras de acondicionamento da estrada LU-131, treito Lourenzá-Cruz da Cancela. (Clave N/LU/91.19).

Por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas da Xunta de Galicia do 19 de xaneiro de 1999 foi aprobado o proxecto das obras de acondicionamento da estrada LU-131, treito Lourenzá-Cruz da Cancela (clave N/LU/91.19).

En acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia o día 11 de marzo de 1999 declárase urxente para efectos de aplicación do procedemento que regula o artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 a ocupación de bens e dereitos afectados polo referido proxecto.

Para tal efecto convócanse os propietarios e titulares de bens e dereitos afectados, que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios dos concellos de Lourenzá e Mondoñedo na Delegación Provincial de Lugo, para que comparezan no lugar, día e hora que se detalla a continuación, co fin de proceder ó levantamento de actas previas á ocupación destes, que recollerán os datos necesarios para a determinación dos dereitos afectados, os seus titulares e o valor daqueles, sen prexuízo de se trasladaren ó lugar dos predios se o considerase necesario.

Concello de Lourenzá.

Lugar: Casa do Concello en Vilanova de Lourenzá.

DataHoraNº predio

20 de marzo de 2000De 10 a 14 Do 001 ó 050

21 de marzo de 2000De 10 a 14Do 051 ó 101

22 de marzo de 2000De 10 a 14Do 102 ó 152

23 de marzo de 2000De 10 a 14Do 153 ó 203

24 de marzo de 2000De 10 a 14Do 204 ó 254

27 de marzo de 2000De 10 a 14Do 255 ó 305

28 de marzo de 2000De 10 a 14Do 306 ó final

Concello de Mondoñedo.

Lugar: Casa do Concello de Mondoñedo.

DataHoraNº predio

29 de marzo de 2000De 10 a 14Do 355 ó 390

30 de marzo de 2000De 10 a 14Do 391 ó 425

31 de marzo de 2000De 10 a 14Do 426 ó final

Ó devandito acto deberán acudi-los titulares afectados persoalmente ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución, podendo acompañarse á súa custa, se o estimaren oportuno, dos seus peritos e un notario.

Tendo en conta estes antecedentes e en cumprimento do establecido no artigo 17, parágrafo 2º da Lei de expropiación forzosa, ábrese a información pública ata o momento do levantamento da acta previa á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito ante esa Xefatura Provincial de Estradas da Xunta de Galicia, sita na Ronda da Muralla nº 70, 27071-Lugo, as alegacións que estimen pertinentes co obxecto de emendar posibles erros que se producisen ó relaciona-los propietarios afectados.

Lugo, 27 de xaneiro de 2000.

Carlos Escudero Vigil

Enxeñeiro xefe Provincial de Estradas