Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 14 de febreiro de 2000 Páx. 1.839

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 3 de xaneiro de 2000, do Servicio Provincial de Transportes da Coruña, pola que se notifican resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios (expediente XC-00865-O-1999 e seis máis).

Pola presente cédula, notifícaselles ós denunciados, dos cales os últimos enderezos coñecidos se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras, dictadas polo delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Coruña, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo), recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Facéndolles sabe-lo dereito que lles asiste para interpoñeren recurso de alzada, perante o director xeral de Transportes, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación da presente cédula.

No caso de conformidade con estas resolucións, dispoñen dun prazo de quince días para o seu pagamento en voluntaria, facendo efectiva a multa mediante ingreso a favor do Tesouro da Facenda galega, conta de recadación de multas e sancións nº 1302 6000 08 13.763.620, da Caixa Postal de Aforros.

Transcorrido este prazo, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o prescrito no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12).

E para que conste e lles sirva de notificación ós denunciados de enderezos descoñecidos, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da citada lei, expido, asino e selo a presente cédula na Coruña, 3 de xaneiro de 2000.

Gonzalo López Gónzalez

Xefe do Servicio Provincial de Transportes

da Coruña

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

XC-00865-O-1999

CU-4364-F

G.C. Tráfico

Nastrans, S.L.

Avda. Dr. Waksman, 16

46006 Valencia

Circular transportando mobles desde Ribeira a Santiago de Compostela, carecendo de tarxeta de transportes.

16-6-1999; 19.30; N-550; 83

Art. 199 b) do R.D. 1211/1990Art. 143 Lei

16/1987, 201 R.D. 1211/1999

5.000 ptas.
XC-00943-O-1999

C-9080-BH

G.C. Tráfico

Jesús Corral Astray

Avenida dos Caídos, 42, 6º

15009 A Coruña

Circular transportando un cargamento de paquetería (material de perruquería) desde A Estrada á Coruña, cunha tarxeta de transporte caducada.

23-6-1999; 17.15; C-541; 12

Art. 199 b) do R.D. 1211/1990Art. 143 Lei

16/1987, 201 R.D. 1211/1999

5.000 ptas.
XC-00964-O-1999

B-2034-SP

G.C. Tráfico

Neolait Española, S.L.

Estrada de Hospitalet, 42

8000 Cornellá de LLobregat (Barcelona)

Contratar transporte con vehículo non autorizado.

21-6-1999; 18.50; N-550; 42

Art. 24 da Orde do 20 de xullo de 1995, sobre o aluguer de vehículos sen conductor (BOE nº 183, de 2 de agosto)Art. 143 Lei

16/1987, 201 R.D. 1211/1999

10.000 ptas.

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

XC-01120-O-1999

C-4308-BJ

G.C. Tráfico

Luis Jiménez Jiménez

Conxo, 45-1º I

15706 Santiago de Compostela (A Coruña)

Circular cunha furgoneta transportando utensilios e productos para a venda ambulante de roupa carecendo da tarxeta de transporte.

4-7-1999; 8.05; C-543; 3,100

Art. 199 b) do R.D. 1211/1990Art. 143 Lei

16/1987, 201 R.D. 1211/1999

5.000 ptas.
XC-01190-O-1999

C-4334-BW

G.C. Tráfico

Monta Doce, S.L.

Altamira, nave 3-6

15660 Cambre (A Coruña)

Circular cun camión desde A Coruña ata Santiago de Compostela transportando 600 kg de mobles, sen face-lo visado da autorización. Realiza servicio público. Tarxeta válida ata o día 31-1-1999.

7-7-1999; 9.40; N-550; 46

Art. 90 da Lei 16/1987 e Art. 41 do R.D.

1211/1990

Art. 143 Lei

16/1987, 201 R.D. 1211/1999

25.000 ptas.
XC-01234-O-1999

C-8039-AX

G.C. Tráfico

Empresa Vidal, S.L.

Sagrada Familia, 37, 3º Esqu.

15007 A Coruña

Circular cun vehículo dedicado ó servicio discrecional de viaxeiros desde Padrón a Santiago de Compostela. Transporta 54 viaxeiros e non leva anotado no libro de ruta a viaxe que realiza.

10-7-1999; 9.15; N-550; 77

Art. 222.3º do R.D. 1211/1990 e O.M. 25 de outubro de 1990Art. 143 Lei

16/1987, 201 R.D. 1211/1999

46.000 ptas.
XC-01455-O-1999

PO-3298-AM

G.C. Tráfico

Avícola Ferrer, S.L.

Pi y Margall, 98

36202 Vigo (Pontevedra)

Circular facendo un transporte de polos carecendo de tódolos distintivos.

16-7-1999; 16.25; C-550; 7,500

O.M. 25 de outubro de 1990 (BOE do 30)Art. 143 Lei

16/1987, 201 R.D. 1211/1999

15.000 ptas.