Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 14 de febreiro de 2000 Páx. 1.823

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 24 de xaneiro de 2000 pola que se fixan os prezos de venda ó público de diversas publicacións da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exencións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes e publicadas no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.

1. Quedan aprobados os prezos de venda ó público das publicacións editadas por esta consellería que se relacionan no anexo.

2. Estes prezos entenderanse, se é o caso, co IVE incluído.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2000.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo

ANEXO

-Actas del III Congreso Internacional de Estudios Jacobeos. Santiago.Roma.Jerusalén: 2.900 ptas.-Los Milagros del Apóstol Santiago: 2.100 ptas.-III Xornadas Anabad de Galicia: 2.230 ptas.-San Froilán: 750 ptas.-Tomás Barros: 1.300 ptas.-Ana de Matos: 800 ptas.-Pablo Orza: 800 ptas.-Peter Greenaway: 1.500 ptas.-Batís Campillo: 800 ptas.-Mingos Teixeira: 800 ptas.-A arquitectura dos hoteis de Vigo no cambio de século (1850-1950):--Camilo Otero: 6.000 ptas.-La Grande Chanson. As cancións dos peregrinos de Santiago (CD): 2.750 ptas.-Caminhos portugueses de peregrinaçao a Santiago. Lisboa-Santiago: 2.500 ptas.-Camiños portugueses de peregrinación a Santiago. Lisboa-Santiago: 2.500 ptas.-Intervencións no patrimonio arquitectónico 1997: 4.500 ptas.-A arquitectura do Camiño de Santiago. Descrición gráfica do Camiño Francés en Galicia: 5.000 ptas.

-Actas de las Juntas del Reino de Galicia (1655-1665): 4.000 ptas.

-Actas de las Juntas del Reino de Galicia (1648-1654): 4.000 ptas.-Antonio Mouzo: 1.500 ptas.-Espiñas, follas e frores: 1.500 ptas.

-Mazurca para dous mortos: 2.000 ptas.-Manuel Patinha: 1.600 ptas.-Olga Martínez: 1.600 ptas.-Guía de teatro, música e danza de Galicia 2000: 850 ptas.-O camiño como destino: camiños, camiñantes e peregrinos.: 2.000 ptas.-A nosa literatura infantil e xuvenil 1998: 750 ptas.-Felipe Criado: 1.600 ptas.-José Lorenzo Macías: 1.000 ptas.-Xavier Muíños: 800 ptas.-Pilar Díaz Monterroso: 800 ptas.-José Randolfe Vilariño: 1.000 ptas.-Xacobeo 99 (versión galega e versión castelá): 5.500 ptas.-Xacobeo 99 (versión galega e versión castelá): 3.500 ptas.