Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 14 de febreiro de 2000 Páx. 1.817

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 18 de xaneiro de 2000 pola que se declara a alienabilidade da parcela 639 da zona de concentración parcelaria da parroquia de San Fiz de Fóra (Santiago de Compostela).

Polo Decreto 300/1999, do 21 de outubro (DOG nº 227, do 24 de novembro), desafectouse a parcela nº 639 da zona de concentración parcelaria da parroquia de San Fiz de Fóra, municipio de Santiago de Compostela.

Comprobada a inscrición no correspondente rexistro da propiedade do dito ben inmoble a nome da Comunidade Autónoma de Galicia, procede declara-la súa alienabilidade de conformidade co disposto no artigo 24 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e artigo 60 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o seu regulamento, co obxecto de posibilita-lo tráfico deste ben patrimonial.

En virtude do anteriormente exposto, tendo en conta a proposta da Secretaría Xeral e do Patrimonio,

e logo do informe da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria,

DISPOÑO:

Artigo único.-Declárase a alienabilidade do ben inmoble que se describe a continuación: parcela nº 639 da zona de concentración parcelaria da parroquia de San Fiz de Fóra, municipio de Santiago de Compostela, á que lle chaman Rego Pequeno de Abaixo, que ten unha superficie de 3.601 m; estrema: norte, Peregrina Mallou Souto e Manuel Esturao Hermida; sur, Manuel Rodríguez Iglesias; leste, camiño de concentración; e oeste, camiño de concentración. Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 1 de Santiago de Compostela, no tomo 1237, libro 244, folio 138, predio nº 25.601.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2000.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda