De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 130/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase requirimento de documentación pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.
Os actos foron adoptados polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Lugo en aplicación do artigo 35 da Lei xeral tributaria.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do servicio sinalado no parágrafo anterior, con dirección na Ronda da Muralla 70-1ª planta, Lugo, en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Lugo, 14 de xaneiro de 2000.
Gonzalo Vázquez Rivas
Delegado territorial de Lugo
ANEXO
Interesado: Fernández Gandoy, Ángel (DNI 33.645.518-Z); O Páramo 12, Castroverde, Lugo.
Procedemento: imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados; Exp. 8732/1999.