Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 11 de febreiro de 2000 Páx. 1.797

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 14 de xaneiro de 2000, da Delegación Territorial de Lugo, polo que se relacionan liquidacións complementarias e comprobacións de valores pendentes de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (San Tirso, S.L.).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse liquidación complementaria e comprobación de valores pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

Os actos foron adoptados pola Oficina Liquidadora do Distrito Hipotecario de Chantada en aplicación do artigo 52 da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante da oficina liquidadora sinalada no parágrafo anterior; con dirección na r/ Concepción Arenal 1, Chantada, Lugo, en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 14 de xaneiro de 2000.

Gonzalo Vázquez Rivas

Delegado territorial de Lugo

ANEXO

Interesado: San Tirso, S.L. (B-43.440.148); r/ Teruel 2-4, apartamento 226, Salou, Tarragona.

Procedemento: imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados; Exp. 226/1998; N.P.: 130/1998.