Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 11 de febreiro de 2000 Páx. 1.796

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 14 de xaneiro de 2000, da Delegación Territorial de Lugo, polo que se relacionan liquidacións de xuros de demora pendentes de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (Núñez Bóveda, Dositeo).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse liquidacións de xuros de demora pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Recadación da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Lugo, en aplicación do artigo 61.2º da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo na Ronda da Muralla 70-1ª planta, Lugo, en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida

desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 14 de xaneiro de 2000.

Gonzalo Vázquez Rivas

Delegado territorial de Lugo

ANEXO

Interesado: Núñez Bóveda, Dositeo (33.790.939-Y); r/ Escultor Asorey 6-1º Lugo.

Procedemento: liquidación xuros de demora; Exp. 2082/99-Z; liquidación 000990017959.

Interesado: Núñez Bóveda, Dositeo (33.790.939-Y); r/ Escultor Asorey 6-1º Lugo.

Procedemento: liquidación xuros de demora; Exp. 2083/99-Z; liquidación 000990017961.

Interesado: Núñez Bóveda, Dositeo (33.790.939-Y); r/ Escultor Asorey 6-1º Lugo.

Procedemento: liquidación xuros de demora; Exp. 2084/99-Z; liquidación 000990017965.