Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 11 de febreiro de 2000 Páx. 1.795

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 14 de xaneiro de 2000, da Delegación Territorial de Lugo, polo que se relacionan resolucións de reintegro de axudas e subvencións pendentes de notificar ós interesados que se sinalan (herdeiros de Berta Valiña Rodríguez).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase por medio deste anuncio, resolución pola que se lle require un reintegro de axudas e subvencións ó interesado que se sinala no anexo.

O acto foi adoptado polo Servicio de Recadación da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Lugo, en aplicación do artigo 3 da Orde do 21 de xullo de 1998, pola que se regula o procedemento de recadación nos supostos de reintegros de axudas e subvencións.

O ingreso efectuarase en calquera das entidades colaboradoras autorizadas pola Consellería de Economía e Facenda dentro dos prazos que establece o artigo 20 do regularmento xeral de recadación.

Contra esta resolución poderá interpoñerse, no prazo 15 días hábiles, recurso de reposición ante o órgano que a dictou, ou reclamación económico-administrativa ante o Tribunal Económico-Administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia.

Lugo, 14 de xaneiro de 2000.

Gonzalo Vázquez Rivas

Delegado territorial de Lugo

ANEXO

Interesado: herdeiros de Berta Valiña López (33.572.689-A); Av. 18 de xullo 45-1º Esq. Lugo.

Procedemento: reintegro cobro indebido FAS; Exp. 1996/27/000/23/98; liquidación 00990007438; importe 1.755.590 ptas.