Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 11 de febreiro de 2000 Páx. 1.795

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 14 de xaneiro de 2000, da Delegación Territorial de Lugo, polo que se relacionan comprobacións de valores e liquidacións complementarias pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Díaz Piñeiro, Carlos Agustín e cinco máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse comprobacións de valores e liquidacións complementarias pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Lugo, en aplicación do artigo 52 da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo en Ronda da Muralla 70-1ª planta, Lugo, en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 14 de xaneiro de 2000.

Gonzalo Vázquez Rivas

Delegado territorial de Lugo

ANEXO

Interesado: Díaz Piñeiro, Carlos Agustín (DNI 33.805.230-Z); Av. Coruña 29-3ºB Lugo.

Procedemento: imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados; Exp. 1735/1991; liquidación 600279101102.

Interesado: Díaz Piñeiro, Carlos Agustín (DNI 33.805.230-Z); Av. Coruña 29-3ºB Lugo.

Procedemento: imposto sobre sucesións e doazóns; Exp. 95019/1991; liquidación 009910000089.

Interesado: Gay Real, Jesús (DNI 33.572.218-S); r/ Catedral 15-Lugo.

Procedemento: imposto sobre sucesións e doazóns; Exp. 887/1999; liquidación 002990006450.

Interesado: Maciñeiras Fernández, José Antonio (DNI 33.821.287-V); r/ Rúa Nova 190-1º Esq.-Lugo.

Procedemento: imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados; Exp. 9376/1998; liquidación 600802555102.

Interesado: Silva Coelho, Mª José (X1155486N); Monte Silva-O Corgo, Lugo.

Procedemento: imposto sobre sucesións e doazóns; Exp. 650/1997; liquidación 002970004887.

Interesado: Roca Roca, Ramón (DNI 76.554.496-P); Fontiñas 2-2ºD-Vilalba, Lugo.

Procedemento: imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados; Exp. 4767/1999, liquidación 004990000129.