Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 11 de febreiro de 2000 Páx. 1.794

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2000 pola que se nomean funcionarios da escala administrativa desta universidade os aspirantes que superaron as probas selectivas, polo sistema de promoción interna, convocadas por Resolución do 4 de agosto de 1999 (Boletín Oficial del Estado do 21 de agosto).

Vista a proposta formulada polo tribunal cualificador das probas selectivas para ingreso na escala administrativa desta universidade polo sistema de promoción interna, convocadas por Resolución do 4 de agosto de 1999 (BOE do 21 de agosto), e verificado o cumprimento dos requisitos sinalados na base 2 da convocatoria.

Este rectorado, en uso das atribucións que lle confire o artigo 65 dos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados por Real decreto 253/1992, do 10 de setembro (DOG do 17) e modificado polo Decreto 245/1998, do 30 de xullo (DOG do 28 de agosto),

RESOLVE:

Primeiro.-Nomear funcionarios de carreira da escala administrativa da Universidade da Coruña os aspirantes aprobados que se relacionan no anexo desta resolución, ordenados de acordo coa puntuación final obtida e con indicación do seu destino.

Segundo.-Para a adquisición da condición de funcionarios de carreira, os interesados deberán prestar xuramento ou promesa, de acordo co establecido no Real decreto 707/1979, do 5 de abril (BOE do 6 de abril), e tomar posesión no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no BOE.

Terceiro.-De conformidade co disposto no artigo 13 do Real decreto 598/1985, do 30 de abril, e no artigo 10 da Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ó servicio das administracións públicas, o persoal obxecto do presente nomeamento, para tomar posesión, deberá realiza-la declaración a que se refire o primeiro dos preceptos citados, ou a opción ou solicitude de compatibilidade recollidos no artigo 10 da Lei 53/1984.

Cuarto.-Contra a presente resolución e de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cabe interpoñer, potestativamente, recurso de reposición perante o rector no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses na forma e condicións previstas na Lei reguladora da dita xurisdicción, contados ambos a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 18 de xaneiro de 2000.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO

DNIApelidos e nomeDestino

133.187.470Herbón Ventura, GloriaSecretaría do rector

234.997.392Vázquez González, JuliaSecretaría vicerrector

352.431.664Alcaraz Garrido, LucíaSecretaría de departamento

432.342.254Vidal Meijide, M. CarmenETS Enxeñeiros Camiños, Canais e Portos

530.566.061Costoya Sánchez, Eva M.Facultade de socioloxía

632.799.270Fernández-Tafall Salgado, Marta M.Secretaría de departamento

734.990.610Ribao Álvarez, M. CristinaSecretaría departamento

832.444.528Taibo Lago, RobertoServicio de Xestión Universitaria

976.505.437Freire Ben, ErundinaSecretaría de departamento

1032.360.147López-Prado Teijeira, AmalfiSecretaría de departamento

1132.422.877García Varela, M. EsperanzaEU de Fisioterapia

1215.372.145Prol Conde, M. JoséSecretaría de departamento

1376.350.943Martínez Suárez, José AmaroServicio de Contabilidade

1452.433.094Fernández Vázquez, M. DoloresFacultade de Ciencias da Educación

1533.255.211Suárez Lourido, JesúsServicio de Xestión Universitaria

1632.751.877Rodríguez Rey, Carmen M.Servicio de Persoal

1734.964.357Iglesias Ferreiro, BertaE.U. de Arquitectura Técnica

1830.583.212Costoya Sánchez, Fco. JavierSecretaría de departamento

1976.342.507Vázquez Esmorís, M. DoloresFacultade CC. Económicas e Empresariais

2032.410.156Veiga García, Ana M.Serv. Asesoramento e Promoción Estudiante

2137.275.123Domínguez Martínez, JuliaFacultade de Ciencias da Educación