Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 11 de febreiro de 2000 Páx. 1.793

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2000 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza 99/029, de corpos docentes universitarios, convocada por esta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado

polo R.D. 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados o presidente e vocal secretario por esta universidade e realizado o oportuno sorteo establecido no artigo 6.6º do mencionado real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes,

Este rectorado fai pública a composición da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza de profesorado desta universidade nº 99/029, covnocada por Resolución do 30 de xullo de 1999 (BOE do 25 de agosto), comisión que se relaciona como anexo a esta resolución.

A citada comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, contado desde a publicación desta resolución no BOE.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

A Coruña, 18 de xaneiro de 2000.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO

Praza de: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: enxeñería do terreo.

Praza nº: 99/029.

Comisión titular:

Presidente: Samper Calvete, Fco. Javier, catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Secretario: Puertas Agudo, Jerónimo, profesor titular de universidade. Universidade da Coruña.

Vocais:

Uriel Romero, Santiago, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

Tomillo García-Roves, María del Carmen, profesora titular de universidade. Universidade de Cantabria.

Sanz Pérez, Eugenio Santos, profesor titular de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

Comisión suplente:

Presidente: Alonso Pérez de Ágreda, Eduardo, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Cataluña.

Secretario: Melis Maynar, Manuel Juan, profesor titular de universidade. Universidade da Coruña.

Vocais:

Gens Sole, Antonio, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Cataluña.

Candela Lledo, Lucila, profesora titular de universidade. Universidade Politécnica de Cataluña.

Román Buj, Fernando, profesor titular de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.