Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 10 de febreiro de 2000 Páx. 1.757

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA

EDICTO de convocatoria de oposición libre para provisión de dúas prazas de garda da policía local.

Aprobadas pola Comisión de Goberno, as bases da oposición libre para provisión, en propiedade, de dúas prazas de garda da policía local do Concello de Vilanova de Arousa, incluídas na oferta de emprego público para 1999, faise público o seu texto íntegro, co obxecto do disposto nelas:

Bases que rexerán na oposición libre para cubrir, en propiedade, dúas prazas de garda de policía local

1º Obxecto da convocatoria. É obxecto desta convocatoria a provisión en propiedade de dúas prazas de garda da policía local, incluídas na oferta de emprego público do ano 1999, polo procedemento

de oposición libre, encadradas no grupo D), clasificadas na escala de Administración especial, subescala servicios especiais, clase policía local, categoría garda e dotadas coas retribucións básicas e complementarias que figuran no cadro correspondente do orzamento municipal.

2º Condicións dos aspirantes. Para poder tomar parte nesta oposición, será necesario: a) Ser español. b) Ter cumpridos os 18 anos, e non supera-los 30 anos de idade o día que remate o prazo de presentación de instancias. c) Estar en posesión do título de graduado escolar, FP1, ou equivalente. d) Non estar inhabilitado para o exercicio de funcións públicas nin estar separado do servicio das administracións públicas por expediente disciplinario ou resolución xudicial firme. e) Ser titular do permiso de conducir da clase B2 ou B+BTP. f) Posuír unha estatura mínima de 1,70 metros, os aspirantes masculinos e 1,65 metros as aspirantes femininas. g) Comprometerse a portar armas e, se é o caso, chegar a utilizalas, condición que se prestará mediante declaración xurada e por escrito. h) Acredita-la aptitude física mediante a presentación dun certificado médico, facendo constar expresamente que o aspirante reúne as condicións físicas e sanitarias suficientes para a realización dos exercicios

físicos que figuran especificados na correspondente proba da oposición, o que non excluirá as comprobacións posteriores do que se reflicte no certificado médico.Tódolos requisitos anteriormente enumerados, deberán posuírse no intre de remata-lo prazo de admisión de solicitudes e conservarase, alomenos, ata a data do nomeamento.

3º Instancias e admisión. A solicitude para tomar parte nesta oposición dirixirase ó alcalde-presidente da Corporación, e deberá presentarse no rexistro xeral deste concello, dentro do prazo de 20 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel no que apareza publicado o extracto das presentes bases no Boletín Oficial del Estado. O modelo de instancia podera conseguirse gratuitamente, no rexistro xeral do concello. As solicitudes tamén poderán presentarse na forma que determina a Lei de procedemento administrativo. Para ser admitido e tomar parte na práctica dos exercicios, bastará con que os aspirantes manifesten nas súas instancias, expresamente, que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas na base II da convocatoria, referidas sempre á data de expiración do prazo de presentación de instancias, xuntando carta de pagamento acreditativa do ingreso na Tesourería de Fondos Municipais a cantidade de 2.000 pesetas polo concepto de dereitos de exame, o certificado médico a

que se refire a letra h) da base II, e as declaracións xuradas correspondentes ós requisitos esixidos nas letras d) e g), tamén da base II. Os dereitos de exame só serán devoltos ós non admitidos. Se o pagamento se fixese por xiro postal, os solicitantes farán constar na súa instancia a data do xiro e o número de resgardo. Expirado o prazo de presentación de instancias, o alcalde dictará resolución na que declarará aprobada a lista de admitidos e excluídos, a designación do tribunal cualificador e a orde de actuación dos aspirantes, así como tamén o lugar e data do comezo das probas, o que se publicará no BOP de Pontevedra, e no taboleiro de anuncios do concello, con indicación

do prazo de 15 días que se concede para efectos de reclamacións. A publicación desta resolución no BOP, será determinante dos prazos para os efectos de posibles impugnacións, recusacións ou recursos, segundo a Lei de procedemento administrativo; as resolucións das posibles reclamacións notificaránselles directamente ós recorrentes sen necesidade de novas publicacións, agás que o opositor non fixese constar na súa instancia o seu enderezo.

4º Tribunal cualificador. O tribunal cualificador desta oposición estará integrado polos membros que a seguir se relacionan: -Presidente: o alcalde ou membro da Corporación en quen delegue. -Secretario: o da Corporación ou funcionario en que delegue. Vocais: un representante da Xunta de Galicia, designado pola consellería competente por proposta da Academia Galega de Seguridade, de entre os profesionais da policia local de Galicia. O xefe da policía local. -O concelleiro delegado da policía. Un concelleiro dos grupos da oposición nomeado pola Alcaldía, por proposta da xunta de portavoces. Un representante do sindicato máis representativo no concello. Simultaneamente, cos titulares, designaranse os correspondentes suplentes. O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes, indistintamente. Os membros do tribunal deberán absterse de formar parte del cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo

28.2º da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, Lei 30/1992, do 26 de novembro.

5º Oposicións, comezo e desenvolvemento. O chamamento dos opositores levarase a cabo por orde alfabética dos seus apelidos. Os opositores serán convocados para cada exercicio en chamamento único. Para o primeiro exercicio a convocatoria publicarase no BOP.

6º Probas da oposición. As probas da oposición serán de carácter obrigatorio e eliminatorio e consistirán no seguinte:

-1ª proba: (de carácter físico): a) Exame antropométrico e psicotécnico. Previamente ó comezo das probas propiamente ditas, realizarase o control de estatura e demais medidas antropométricas esixidas para o desempeño da función e un exame psicotécnico dirixido a obte-la valoración da capacidade de razoamento e planificación dos aspirantes, así como dos riscos da personalidade, e actitudes máis adecuadas ás funcións que hai que desenvolver contidas no artigo 53 da Lei orgánica 2/1986, de forzas e corpos de seguridade do Estado.

b) Probas de capacitación física. Seguidamente realizaranse as probas de capacitación física que consistirán no seguinte: -Forza flexora: desde a posición de decúbito prono deberán realizarse un mínimo de 20 flexións para os aspirantes masculinos nun tempo máximo de 60 segundos e 15 flexións para as aspirantes femininas no mesmo tempo. -Salto de altura: o aspirante deberá saltar por riba dunha barra, que se fixará a 1,25 metros para homes e 1,10 para mulleres. -Salto vertical: o aspirante firme, co brazo dereito ou esquerdo totalmente extendido cara a arriba, marca a altura que alcanza cos dedos nesta posición. A continuación salta tanto como poi

da e marca de novo o nivel alcanzado. A marca mínima para os homes será de 45 cm e de 35 cm para as mulleres. Nesta proba permitirase un máximo de 3 intentos. -Salto de lonxitude con carreira: o aspirante deberá dar un salto lonxitudinal de 4 metros os homes e 3,5 metros as mulleres, como mínimo. Nesta proba permitirase un máximo de 3 intentos. -Carreira de velocidade: carreira de 1.000 metros nun tempo máximo de 3.35 minutos os aspirantes masculinos e 3.40 minutos as aspirantes femininas. Permitirase un só intento. -Levantamento de peso: consistirá no levantamento dun peso de 40 quilogramos os aspirantes masculinos e 25 quilogramos os femininos, en posición de pé desde o chan ata estende-los brazos por riba da cabeza, 5 veces como mínimo, durante un minuto. Permitirase un só intento. As probas de aptitude física, que terán carácter obrigatorio e eliminatorio consideraranse como constitutivas dun só exercicio, realizándose nunha mesma xornada e cualificándose conxuntamente coa

avaliación de apto ou non apto, non podendo neste último caso, pasaren os aspirantes ós exercicios seguintes. Entre a data de realización desta proba e a seguinte, transcorrerá como mínimo un prazo de 48 horas, de acordo co disposto no artigo 2.2º j), do Decreto 121/1995, de 20 de abril.

-2ª proba: de carácter teórico. Obrigatoria e eliminatoria: consistirá en expoñer oralmente, nun prazo máximo de trinta minutos, tres temas extraídos ó chou, dos figurados no programa anexo a convocatoria; un correspondente á primeira parte e dous da segunda. Previamente á súa exposición, o aspirante poderá dispoñer dun prazo de cinco minutos para elaborar un esquema ou guión sobre os temas que lle corresponden. Durante o densenvolvemento deste exercio, o tribunal poderá invita-lo aspirante a retirarse, no suposto de que non estivese respondendo debidamente ós temas extraídos. Calquera membro do tribunal poderá realizar preguntas ou solicitar aclaracións que considere oportunas, sobre o tema exposto.

De carácter práctico. Obrigatorio e eliminatorio: consistirá na realización dun ou varios supostos prácticos por escrito (atestado, parte ou documento referente a problemas de circulación rodada, e outras materias relacionadas co cargo), no tempo máximo de 1 hora. Valorarase o nivel de formación xeral, a composición gramatical e a cualidade da exposición. Para os efectos de determina-lo coñecemento da lingua galega, segundo se esixe polo Decreto 121/1995, da Xunta de Galicia, este exercicio deberá redactarse neste idioma. Estas dúas probas, de carácter teórico e de carácter práctico, serán eliminatorias e cualificaranse de 0 a 10 puntos, sendo preciso acadar un mínimo de 5 puntos en cada unha delas para superalas.

7ª Cualificación. A cualificación de cada aspirante obterase sumando as puntuacións outorgadas polos distintos membros do tribunal, a cada aspirante, e dividindo o total, polo número de membros asistentes, sendo o cociente a cualificación obtida. A cualificación definitiva virá dada pola media aritmética das puntuacións obtidas nas probas teórico-prácticas.

8ª Relación de aprobados, presentación de documentación e nomeamento. Concluídas as probas, levantarase a acta correspondente, na que figurarán as puntuacións obtidas polos aspirantes que practicasen o último exercicio, facéndose pública a relación dos dous que obtivesen a maior puntuación e que serán propostos polo tribunal para o seu nomeamento, pola Comisión de Goberno, como funcionarios en prácticas, tomando posesión con tal carácter e con dereito a percibi-las retribucións que lles correspondan, logo da presentación, na secretaría do concello, nun prazo máximo de 30 días, dos documentos acreditativos de reuni-las condicións esixidas na base segunda, da presente convocatoria. Entre a dita documentación, deberá presentar inescusablemente o resultado dunha análise clínica acreditativa da non existencia de substancias psicotrópicas, de tóxico dependencia, alcoholismo. Serán por conta do concello os gastos que se ocasionen coa dita análise. De ser positivo o resultado da análise, non

poderá ser nomeado o aspirante proposto, quedando a praza deserta. De non presenta-la referida documentación (salvo caso de forza maior, debidamente xustificada), non poderán tomar posesión, quedando anuladas tódalas súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que puidesen incorrer por falsidade, se fose o caso. Aqueles que tivesen a condición de funcionarios públicos estarán exentos de xustifica-las condicións que xa tivesen acreditado no seu anterior nomeamento, debendo presentar neste caso certificación do organismo do que dependan, acreditativa da súa condición de funcionarios.

9ª Curso selectivo de formación. Segundo dispón o Decreto 121/1995, do 20 de abril, e de conformidade co establecido polos artigos 23 e seguintes da Lei 3/1992, do 23 de marzo, de coordinación das policías locais, para o ingreso definitivo, será requisito indispensable a superación dun curso selectivo de formación teórico-práctico na Academia Galega de Seguridade, que estará integrado polas disciplinas e actividades que regulamentariamente se establezan e, en todo caso, segundo o contido que se especifica no referido Decreto 121/1995. Para tal efecto, darase estricto cumprimento ó disposto pola Lei 3/1992, do 23 de marzo, de coordinación das policías locais de Galicia, Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, e ó Decreto 74/1994, do 25 de marzo, polo que se regula o funcionamento do rexistro de policías locais de Galicia.

Incidencias. A convocatoria, as súas bases e cantos actos administrativos se deriven desta, así como da actuación do tribunal, poderán ser impugnados polos interesados nos casos e forma previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común do 26 de novembro de 1992. O tribunal queda autorizado para resolve-las dúbidas que se lle presenten e tomar, por maioría, os acordos necesarios para o bo funcionamento da oposición; e, en todo o non previsto nas presentes bases, aplicarase o disposto, e que sexa de aplicación, pola Lei 7/1985, do 2 de abril,

polo R.D. 781/1986, do 18 de abril, polo R.D. 896/1991, do 7 de xuño, polo decreto da Xunta de Galicia 121/1995, do 20 de abril, e demais disposicións vixentes que regulen a materia.

ANEXO

Programa. Parte xeral

Tema 1.-A Constitución española de l978. Principios xerais. O Tribunal Constitucional. Dereitos e deberes fundamentais dos españois. Tema 2.-Organización territorial do Estado. A Administración pública no ordenamento español. A Administración do Estado. Tema 3.-A Coroa. Poder lexislativo, Poder executivo, Poder xudicial: composición diferenciación e funcións de cada un deles. Tema 4.-O acto administrativo: concepto, fins e clases. Os recursos. Tema 5.-Os bens das entidades locais. Bens inventariables. Material funxible. Ingresos e recursos das administracións locais. Os orzamentos. Tema 6.-Administración autonómica. A Administración local. Administración institucional e corporativa. Tema 7.-O Estatuto de Autonomía de Galicia. Principios xerais e estructura. Tema 8.-A Adminstración local. Entidades que comprende. Competencias das entidades locais. Tema 9.-Órganos de goberno. Designación de organos locais. O alcalde: concepto, carácter, elección e funcións. O Pleno da Corporación.

Comisión Municipal de Goberno. Tema 10.-A función pública local. A súa organización. Escalas, subescalas, clases. Adquisición e pérda da condición de funcionario. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais. Réxime disciplinario. Tema 11.-Procedemento administrativo xeral. Especial referencia a Lei 30/1992, do 26 de novembro. A súa estructura. Tema 12.-O poder xudicial. Concepto xeral. Principios da organización xudicial. Manifestacións da xurisdición. Tema 13.-Competencia en materia penal: Tribunal Supremo. Audiencia Nacional. Tribunais superiores de xustiza. Audiencias provinciais. Xulgados de instrucción. Xulgados do Penal de vixiancia penitenciaria. Xulgados de menores. Xulgados de paz.

Parte especial

Tema 1.-A policía local. Concepto e natureza. Principios básicos de actuación. A policía local como servicio. Encadramento da policía local na Lei orgánica de forzas e corpos de seguridade. Tema 2.-A policía local: selección, formación e perfeccionamento. Adquisición da condición de funcionario da policía local. Deberes e incompatibilidades. Réxime disciplinario. Referencias ó decreto da Xunta de Galicia 121/1995, do 20 de abril. Tema 3.-Lei do seguro. A proteccion civil: Lei 2/1985, do 21 de xaneiro. Actividades molestas, nocivas e perigosas. Tema 4.-A policía local, Organización do servico: organización xerarquizada, especialización funcional. Delimitación e enumeración das súas funcións. Tema 5.-A policía local: mantemento da seguridade pública. Forzas e corpos de Seguridade do Estado: as súas funcións. A policía local e a seguridade pública. A Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá. Tema 6.-Real decreto do 17 de xaneiro de 1992, polo que se

aproba

o Regulamento xeral de circulación: principios xerais e contido. Referencia do Regulamento xeral de vehículos, do 23 de decembro de 1998. Tema 7.-O código da circulación. Principios xerais e contido. Obrigatoriedade do código da circulación. O Regulamento xeral da circulación: principios xerais e contido. Tema 8.-Definición de peón e viandante. Conductor e titular do vehículo. Terceira persoa. Vías públicas: clases. Documentación necesaria para circular cun vehículo de motor polas vías públicas. Tema 9.-Normas xerais da circulación. Velocidade máxima de vehículos automóbiles. Sentido da marcha. Adiantamento. Preferencia de paso. Detención. Carga e descarga. Estacionamento de vehículos. Zonas restrinxidas o tráfico. Zonas «azul». Tema 10.-A ordenación do tráfico. Procedemento sancionador. Intervención do permiso de circulación. Inmobilización e retirada de vehículos. Tema 11.-Os accidentes de tráfico: clases. Alcoholemia. Medidas que adoptarán os conductores de vehículos en caso de

accidente. Tema 12.-Permisos e licencias de conducir: clases. Retirada dos permisos e licencias. Tema 13.-Procedimento sancionador. Delictos contra a circulación. Tema 14.-A policía local: funcións de policía xudicial. O atestado. O depósito de detidos. O Habeas Corpus. Asistencia de letrado o detido. Tema 15.-Dereito penal: concepto e natureza. O código penal. Delitos e faltas. Delictos contra as persoas. Delictos contra a propiedade. As persoas responsables. Tema 16.-O Regulamento de armas e explosivos. Licencias de armas e as súas clases. As armas e a policía local. Tema 17.-Policía de establecementos e espectáculos públicos. O seu regulamento. Horarios de establecementos e espectáculos. Espectáculos na vía pública: competencias de licencias. Tema 18.-A policía administrativa: infraccións urbanísticas. Vixilancia de bens municipais de uso e servicio público. Tema 19.-O municipio de Vilanova de Arousa. Descrición física, núcleos de poboación e rúas principais. As ordenanzas

municipais. Ordenanza de inmobilizacion e retirada de vehículos.

Vilanova de Arousa, 10 de decembro de 1999.

O alcalde

Rubricado