Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 10 de febreiro de 2000 Páx. 1.756

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TOMIÑO

ANUNCIO de licitación.

Aprobado polo alcalde deste concello o proxecto e o prego de condicións económico-administrativas que rexerán no concurso por procedemento aberto (tramitación urxente) das obras que no punto 2 se indica, expónxe ó público polo prazo dos oito primeiros días naturais seguintes ó da derradeira publicación deste anuncio no DOG e no BOP. Simultaneamente anúnciase o concurso para a presentación de propostas, podendo aprazarse a licitación no caso de que se formulen reclamacións contra o proxecto ou o prego.

1. Entidade adxudicadora. Organismo: alcaldía. Dependencia: secretaría.

2. Obxecto do contrato, orzamento e prazo. Rehabilitación da Casa da Cultura de Tomiño cun orzamento de 27.608.000 ptas. e un prazo de execución de 3 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación. Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

4. Criterios de selección. Os indicados no punto dous (non se admiten baixas) e os criterios sinalados no prego.

5. Garantías. Provisional: 562.160 ptas. Definitiva: 1.104.320 ptas.

6. Obtención da documentación e información. Secretaría do concello, praza de Calvo Sotelo, 36740 Tomiño; teléfono 986 62 20 01, fax 986 62 25 30, ata o día anterior ó do remate de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos dos contratistas. Clasificación: grupo K, subgrupos 7, categoría E e os restantes especificados no prego.

8. Presentación das ofertas. Prazo: 13 días naturais seguintes ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia (DOG). Documentación: a esixida no prego. Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Tomiño, das nove ás catorce horas.

9. Prazo de vixencia das ofertas. 3 meses contados desde o día de apertura de proposicións.

10. Apertura de ofertas. Nun prazo máximo de 7 días naturais seguintes ó da data da apertura da documentación xeral dos sobres B e, anunciarase, polo menos 48 horas antes da súa realización cun edicto no taboleiro de anuncios do concello.

11. Gastos dos anuncios. Serán por conta do adxudicatario os seguintes gastos:

-Os dos anuncios de licitación e adxudicación.

-Os tributos que deriven do contrato.

-O pagamento do IVE pola totalidade da obra, e que se entenderá incluído no prezo do contrato.

-Os da formalización pública do contrato.

Tomiño, 3 de febreiro de 2000.

José Luis Fernández Lorenzo

Alcalde