Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 10 de febreiro de 2000 Páx. 1.756

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TOMIÑO

EDICTO polo que se fai público o concurso para adxudica-lo servicio de axuda no fogar do Concello de Tomiño.

Aprobado polo alcalde deste concello o prego de cláusulas económico-administrativas que rexerá no concurso por procedemento aberto (tramitación urxente) para adxudica-lo servicio de axuda no fogar, exponse ó público polo prazo de oito días naturais seguintes ó da derradeira publicación deste edicto no DOG ou no BOP. Simultaneamente ábrese o prazo para a presentación de propostas, podendo aprazarse no caso de que se formulen reclamacións contra o prego.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Alcaldía. Dependencia: secretaría.

2. Obxecto, prezo e prazo do contrato: servicio de axuda no fogar estipulándose na cantidade total de 6.338.013 ptas., (IVE incluído) e unha duración máxima dun ano desde a sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

4. Fianza: o 4% do prezo do remate.

5. Obtención da documentación e información: secretaría do concello, praza de Calvo Sotelo, 36740 Tomiño; teléfono 986 62 20 01, fax 986 62 25 30 (e-mail: tomino*concellos.depontevedra.es), ata o día anterior ó do remate de presentación de proposicións.

6. Requisitos específicos do contratista: que a empresa adxudicataria estea debidamente inscrita como auxiliar e colaboradora das AA.PP. nas actividades humanitarias e sociais impulsadas por estas, sendo a puntuación máxima polo expresado concepto de dous puntos, tendo que acreditarse a citada inscrición por medio de certificación.

Unha mellora no prezo da hora que pagará o concello, valorándose cun máximo dun punto, unicamente se a rebaixa é superior ó 20% do importe total.

7. Documentación que hai que presentar: un sobre por propoñente que conterá, ademais da proposición debidamente asinada de conformidade co modelo inserido ó final do prego, a seguinte documentación:

a) Declaración xurada de non estar incurso en ningunha causa de incapacidade e incompatibilidade das previstas no artigo 20 da vixente LCAP.

b) Poder notarial acreditativo da representación do oferente que no actuase en nome propio, debidamente verificada na súa suficiencia pola secretaría do concello.

8. Presentación das ofertas: prazo: 13 días naturais seguintes ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia (DOG). Documentación: a esixida no prego. Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Tomiño, das 10 ás 13 horas.

9. Apertura de ofertas: en acto público no salón de sesións do concello, ás 12 horas de 2º día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

10. Gastos dos anuncios: por conta do adxudicatario.

Tomiño, 11 de xaneiro de 2000.

José Luis Fernández Lorenzo

Alcalde