Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 10 de febreiro de 2000 Páx. 1.755

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TEO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión ordinaria supletoria que tivo lugar o 18-1-2000, adoptou, entre outros, o acordo de aprobar inicialmente por instancia de Vector Plus, S.L. o estudio de detalle e o proxecto de compensación dos predios nº 16, 31-1, 31-2, 15 e 37 de Cacheiras, situadas en Montouto e clasificadas como solo URTA nas normas de ordenación complementarias e subsidiarias do planeamento do concello.

A parcela ten unha superficie de 2.455,60 m, e linda: norte: Mariano Domínguez; sur: José Seoane Carneiro; leste: Eugenia Francos Boo e José María Lueiro Gómez, José Seoane Franqueiro e outro e José María Peña Seoane e oeste: estrada comarcal de Santiago-A Estrada (C-541).

O expediente exponse ó público na secretaría do concello, polo prazo dun mes contado desde a publicación deste anuncio no DOG, co obxecto de que os interesados poidan presenta-las alegacións que estimen oportunas.

Teo, 2 de febreiro de 2000.

Armando Blanco Martínez

Alcalde